Admisión FP dual. Listaxes provisionais de solicitudes. Convocatoria 2023

Publicación das listaxes provisionais de solicitudes de admisión a proxectos de formación profesional dual para o curso 2023-2024.

O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o xoves 6 de xullo ata as 13:00 horas do luns 10 de xullo de 2023. A reclamación deberase realizar empregando o asistente informático.

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática Ciclosadmisión ou na seguinte ligazón.

Etiquetas: 
Tema: