Admisión FP dual. Listaxes definitivas de solicitudes. Convocatoria 2022

Publicación das listaxes definitivas de solicitudes de admisión a proxectos de formación profesional dual para o curso 2022-2023.

O período de selección polo centro educativo e a entidade colaboradora abrangue do día 11 de xullo ata as 12:00 horas do 14 de xullo de 2022.

As persoas admitidas (seleccionadas) para un proxecto de FP dual quedarán excluídas do proceso de admisión de cursos de especialización, de ciclos formativos no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais, por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática Ciclosadmisión ou na seguinte ligazón.

Etiquetas: 
Tema: