Admisión a formación profesional de grao básico. Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 2022-2023

Publicación das listaxes provisionais de solicitudes de admisión a FP de grao básico para o curso 2022-2023.

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. O CPC figura na folla de información importante do resgardo da solicitude de participación na admisión á formación profesional de grao básico. Calquera dúbida sobre a situación persoal neste proceso de admisión será resolta polo centro  no que se realizou a solicitude.

Etiquetas: 
Tema: