Admisión. Curso 2023/2024
A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.
Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión.
No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.
- Instrucións sobre como realizar a solicitude web
- Vídeo de axuda para realizar a solicitude web
- A solicitude web realizarase usando o asistente informático na seguinte ligazón: Asistente informático (Solicitude web)
(Activo soamente durante os períodos de solicitude)
Información e documentación
- Instrucións xerais do proceso de admisión
- Calendario de admisión
- Oferta 2023-2024
- Anexo I. (Empregar só para admisión ao segundo curso do réxime ordinario ou para o caso de solicitude de matrícula en prazas liberadas)
- Anexo II. (Empregar só para a matrícula de FCT e/ou proxecto polo réxime para as persoas adultas ou para o caso de solicitude de matrícula en módulos con prazas liberadas)
Listaxes do procedemento de admisión
- Listaxe provisional de solicitantes
- Listaxe definitiva de solicitantes
- 1ª adxudicación ordinaria: listaxe de persoas admitidas
- 2ª adxudicación ordinaria: listaxe de persoas admitidas
- 3ª adxudicación ordinaria: listaxe de persoas admitidas
- Listaxes de ciclos e módulos con prazas dispoñibles (de matrícula liberada)
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa de admisión).