Skip to Content

Matemáticas.Novas

Convocatoria dos concursos de adiviñas 2014

Xa está no blog do departamento matemáticasxm a convocatoria deste ano dos concuros de adiviñas. Ánimo e moita sorte.

Concursos "ADIVIÑAS"

Lembrade que o prazo de entrega para os concursos "Adiviña, adiviña..." e "Adiviña quen son"" remata o venres 7 de xuño. Non esquezades indicar no sobre, cando o entreguedes en secretaría, indicar para cal dos dous concursos é.

Como ben sabedes toda a información está no blog do departamemto: MatemáticasXM.

Concurso "Matemáticas na música" 4ª edición

O departamento de matemáticas convoca a 4º edición do concurso "Matemáticas na música". Para consultar as bases pincha http://matematicasxoanmontes.blogspot.com.es/

Entrega de premios dos concursos das adiviñas

.O xoves, día 20 de xuño, tivo lugar a entrega de premios dos concursos das adiviñas. Ó de "Adiviña, adiviña" foi compartido por Juan Atanes e Álvaro Pereira e ó de "Adiviña quén son" foi para Pedro Pereira. Felicitacións para os tres.

Gañadores da 3ª edición dos concursos de adiviñas

O gañadores de "Adiviña, adiviña..." son:

Juan Atanes Conde de 2ºA de E.S.O. e Álvaro Pereira Argiz de 2ºB de E.S.O.

O gañador de "Adiviña quén son" é:

Pedro Pereira Argiz de 4ºA de E.S.O.

Parabéns para todos e o agradecemento do Departamento de matemáticas a todos por participar.

 

 

Adiviñas 2012

Con motivo da celebración o día 12 de maio do Dia escolar das matemáticas o Departamento de matemáticas convoca os concursos "Adiviña, adiviña..." e "Adiviña quen son". Para consultar as bases pincha aquí.

 

Entrega de premios da 3ª edición de "Matemáticas na música"

 Parabéns para Sara , Silvia e Marta gañadora e finalistas, repectivamente desta edición.

Para sabera máis e escoitar a canción preme aquí.

Gañadoras da 3ª edición de "Matemáticas na música"

A gañadora deste ano é Sara Rodríguez Ron de 3ºA de E.S.O, quedando finalistas Marta Salgado Castelo de 2ºA de BAC e Silvia Blanco Yebra de 3ºA de E.S.O.

Parabén para elas e tamén para todos os que participaron, todas as cancións presentadas eran de gran calidad e merecían gañar.

A entrega de premios será a volta das vacacións de Semana Santa e tamén a publicación das cancións.

 

 

 

 

Premio Abel 2012

O matemático húngaro Endre Szemerédi recibe este ano o Premio Abel, concedido cada ano pola Academia Noruega das Ciencias e das Letras, polos seus estudos de matemática discreta que é unha parte das matemáticas fundamental na ciencia da computación.

Para ler máis:

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/03/21/actualidad/1332336584_537937.html

Unha fórmula matemática para explicar a forma dunha coleta

Un grupo de científicos da Universidade de Cambridge acaba de publicar unha teoría matemática na que exlpica a forma do cabelo cando o peinamos nunha cola de cabalo.

Para saber máis:abc

Distribuir contido


by Dr. Radut