Skip to Content

Matemáticas.Novas

Matemáticas na música (3ª edición)

Bases do concurso MATEMÁTICAS NA MÚSICA (3ª edición)

A Departamento de matemáticas do IES Xoán Montes convoca un concurso entre o alumnado do centro para buscar cancións relacionadas coas Matemáticas de acordo coas seguintes bases:
1- Os participantes deben ser alumnos do IES Xoán Montes no ano escolar 2011/2012
2- As cancións presentaranse da seguinte forma:
  • I) A canción grabada en CD, DVD

II Día da Ciencia en Galego. María Wonenburger

Este ano unha das cientificas homenaxeadas no Día da Ciencia en Galego (4 de novembro) é María Wonenburger, matemática de recoñecido prestixio internacional.

Olimpíada Matemática

Como xa sabedes, dous dos nosos compañeiros, David e Juan, participaron o pasado Venres 20 na fase final da Olimpíada Matemática Galega. Temos a imnensa alegría de comunicarvos que Juan Manuel Cano Vila de 2º ESO A é un dos seis finalistas que participarán na fase española, que terá lugar en Vigo, do 26 ao 30 de Xuño.

MATEMÁTICAS NA RÚA 2011

O martes día 10 de maio alumnos de 1º e 4º de E.S.O. participan na actividade MATEMÁTICAS NA RÚA, organizada polo Concello de Lugo. As actividades desenvolveránse nas rúas  e prazas do centro da cidade.

Ánimo a todos os participantes!

Olimpíada Matemática

Como sabedes, o pasado día 8 participamos na fase de zona da XIII Olimpíada Matemática e foinos moi ben. Dous dos tres clasificados son compañeiros nosos: David e Juan.

Felicitémonos todos por participar e poñerlle moitas gañas e desexemos que os nosos representantes acaden o mellor resultado posible.

Premio Abel de matemáticas

John Milnor obtén o premio Abel de matemáticas polos "seus descubrimentos pioneiros en topoloxía, xeometría e álxebra".

O premio Abel ten a consideración do premio Nobel en matemáticas.

Para saber máis El País

Gañadores da 2ª edición de "Matemáticas na música"


 


Aquí temos aos gañadores deste ano. Os premios foron entregados o pasado 9 de febreiro. O xurado felicita a todos os participantes polo seu esforzo na pescuda das cancións, cada vez máis inxeniosas e divertidas sen perder por eso o seu contido matemático Un ano máis o gañador resultou ser Christian Toimil de 1º de BAC que presentou a canción "La cumbia matemática" interpretada por Sin Codificar-Los Wikipedia. Quedaron finalistas Silvia Blanco de 2º de E.S.O., Marta Salgado de 1º de BAC e Sara Veiga de 2º de E.S.O. Parabéns para todos.


 


O alumnado do IES Xoán Montes gaña no II Concurso Galego de Robótica en Santiago

Comprobando o programaOs alumnos do IES Xoán Montes que asistiron á Maxia da Robótica (e polo tanto ao II Concurso Galego de Robótica) en Santiago quedaron nun honroso 1º posto en Bacharelato e empataron con mención especial no terceiro posto. Idem en 4º da ESO: Os 20 da fama son:

MATEMÁTICAS NA RÚA

Un ano mais tamén os nosos alumnos de 1º, 3º e 4º de ESO participan na actividade "Matemáticas na Rúa" que se desenvolverá o próximo día 13 de maio pola nosa cidade.

 Para obter información sobre este tema preme aquí 

Distribuir contido


by Dr. Radut