Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía

Aquafish do Noroeste. Participación no Congreso Convivio de Xuvenciencia

O alumnado de Anatomía Aplicada de 1º de Bacharelato do IES Xoán Montes, participou no Congreso Convivio de Xuvenciencia co vídeo Aquafish do Noroeste. Con este vídeo sobre a necropsia de robaliza foron premiados con 3 plazas no Campus de Verano de Xuvenciencia. Noraboa polo traballo!

Aquafish do Noroeste. Alumnado de 1º BAC. CC BY-SA-NC

Visita aos museos científicos da Coruña

O alumnado de 1º e 3º ESO vistou a semana pasada os Museos Científicos da Coruña nunha actividade organizada polo Departamento de Bioloxía.

Na Domus tiveron a ocasión de participar na disección dun corazón de porco. Ao longo dun percorrido interactivo coñeceron distintos aspectos sobre a especie humana. Unha das cousas que máis lles gustou foi a medición da potencia de tiro nunha portería de fútbol, a cinta de correr para medir as pulsacións ou o vídeo sobre o parto.

No Acuario Finisterrae desfrutaron de numerosos animais marinos: peces, pulpos, focas, medusas e cabaliños do demo, etc. así como coñecer ao famoso tiburón touro Gastón.

Despois de comer, finalizaron a visita na Casa das CienciasPlanetario onde desfrutaron dunha proxección dun vídeo sobre a Terra e o Universo, así como de moitos módulos que lles permitiron xogar e experimentar sobre aspectos relacionados co movemento dos péndulos.

ITINERARIO XEOLÓXICO-AMBIENTAL POLA COSTA DE LUGO

O alumnado estivo moitos meses, dende o ano 2020, sen poder facer actividades extraescolares  pola pandemia do Covid mais a mellora  das condicións sanitarias, en xuño  de 2022,  facilitou as saídas do centro educativo. Estudantes de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de ESO realizaron, o 14 de xuño, un Itinerario xeolóxico-ambiental pola costa de Lugo recibindo as explicacións da profesora de Xeoloxía do Departamento C. Tizón. O mesmo Itinerario e coas explicacións de C.Tizón, realizárono, o 15 de xuño, estudantes  de 4º de ESO e de 1º de Bac.

Membros de departamento

 

Amparo Veiga Vila (Xefa de departamento)

María Rancaño Herrán 

Marcos Rodríguez Varela

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut