O alumnado de 1º e 3º ESO vistou a semana pasada os Museos Científicos da Coruña nunha actividade organizada polo Departamento de Bioloxía.
Na Domus tiveron a ocasión de participar na disección dun corazón de porco. Ao longo dun percorrido interactivo coñeceron distintos aspectos sobre a especie humana. Unha das cousas que máis lles gustou foi a medición da potencia de tiro nunha portería de fútbol, a cinta de correr para medir as pulsacións ou o vídeo sobre o parto.
No Acuario Finisterrae desfrutaron de numerosos animais marinos: peces, pulpos, focas, medusas e cabaliños do demo, etc. así como coñecer ao famoso tiburón touro Gastón.
Despois de comer, finalizaron a visita na Casa das Ciencias e Planetario onde desfrutaron dunha proxección dun vídeo sobre a Terra e o Universo, así como de moitos módulos que lles permitiron xogar e experimentar sobre aspectos relacionados co movemento dos péndulos.
Velaquí algunhas imaxes:
Viaxe a Museos Científicos da Coruña. María Souto e María Rancaño |