O alumnado estivo moitos meses, dende o ano 2020, sen poder facer actividades extraescolares pola pandemia do Covid mais a mellora das condicións sanitarias, en xuño de 2022, facilitou as saídas do centro educativo. Estudantes de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de ESO realizaron, o 14 de xuño, un Itinerario xeolóxico-ambiental pola costa de Lugo recibindo as explicacións da profesora de Xeoloxía do Departamento C. Tizón. O mesmo Itinerario e coas explicacións de C.Tizón, realizárono, o 15 de xuño, estudantes de 4º de ESO e de 1º de Bac. Estudaron a orixe xeolóxica, a evolución das formas e o estado dos ecosistemas de lugares como a Praia das Catedrais, o modelado litoral en Foz, pregues do Porto de Burela, modelado granítico na Frouxeira e visita á canteira de caolín no Monte Castelo, en Burela, guiados polos responsables da mina.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
1º ESO na mina de Burela.jpg | 68.77 KB |
4º ESO e 1º Bac .Mina de caolín .jpg | 67.15 KB |
A Frouxeira .JPG | 41.33 KB |
As Catedrais 1º ESO coa profesora .JPG | 36.63 KB |
As Catedrais 4º ESO e 1º Bac coas profesoras.JPG | 32.76 KB |
Experimentando na Mina de caolín de Burela.jpg | 66.43 KB |
Mina de caolín de Burela.jpg | 63.87 KB |
Pregues de Burela.JPG | 65.25 KB |