A Universidade de Santiago de Compostela celebrará os vindeiros 13, 14 e 15 de xuño en Santiago e o 20, 21 e 22 de xuño en Lugo as "Xornadas de Portas Abertas: Coñece a USC". Estas Xornadas están dirixidas ao estudantado que ven de realizar as probas das ABAU, e que vai entrar na Universidade, para que poida achegarse as titulacións de Grao que lle poidan interesar da nosa Universidade.
Os/as interesados/as poderán inscribirse mediante o seguinte formulario indicando o número de asistentes (no caso de vir con algún acompañante) e seleccionando as titulacións que queren visitar. As titulacións están agrupadas polos centros no que se imparten. Cada unha poderase visitar no horario indicado no formulario.
O prazo de inscrición rematará o día martes, 11 de xuño ás 14 horas para o Campus de Santiago e o luns, 18 de xuño ás 14 horas para o Campus de Lugo.