Instrucións do 28 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se amplían e concretan determinados aspectos das Instrucións do 27 de abril de 2020 para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
O Consello da Xunta acordou na súa última xuntanza poñer a disposición dun milleiro de familias con recursos limitados un ordenador portátil e unha conexión á rede (gratuíta grazas á colaboración dos operadores Orange, Vodafone e R), para facilitarlle a este alumnado o seguimento da actividade educativa.
Os departamentos didácticos e profesorado acordaron co alumnado distintos medios de contacto, envío de material e tarefas e corrección destas. Posto que algúns empregan a aula virtual, deixamos aquí un enlace que pode ser do seu interese, xa que se trata dunha guía rápida para o uso desta aula.