Recomendacións, ideas e suxerencias para o alumnado e as familias coa fin de levar mellor o confinamento polo COVID-19
Os departamentos didácticos e profesorado acordaron co alumnado distintos medios de contacto, envío de material e tarefas e corrección destas. Posto que algúns empregan a aula virtual, deixamos aquí un enlace que pode ser do seu interese, xa que se trata dunha guía rápida para o uso desta aula.
No seguinte documento colgaremos información de profesores que non utilizan ningún medio virtual.
Lembramos a necesidade de que as familias que non facilitaron un correo electrónico, o fagan o antes posible na conta da súa titoría.