Skip to Content

REPARTO ORDENADORES CON CONEXIÓN Á REDE

COMUNICACIÓN RECIBIDA O DÍA 01/04/2020

O Consello da Xunta acordou na súa última xuntanza poñer a disposición dun milleiro de familias con recursos limitados un ordenador portátil e unha conexión á rede (gratuíta grazas á colaboración dos operadores Orange, Vodafone e R), para facilitarlle a este alumnado o seguimento da actividade educativa. 

A medida está dirixida a alumnado de Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional e as familias recibirán os equipos a través dos seus centros de ensino. Para iso recibiredes no centro tres equipos con conexión gratuíta que se facilitan como préstamo persoal ata que remate o presente curso escolar. Nos vindeiros días, a empresa de transporte contactará con vós para indicarvos data e hora para proceder á entrega deste material.

Os criterios para o reparto deberán ter en conta a situación socioeconómica da familia, e as posibilidades de aproveitamento do alumno ou da alumna, con prioridade ao alumnado dos cursos de final de etapa que titulen (4º da ESO, 2º de BACH e 2º de FP) e a aquelas familias que non dispoñan nos seu fogares de ordenador nin de conexión a internet.

A entrega dos equipos ás familias realizarase do xeito que estimedes máis oportuno e seguro, respectando as restricións impostas polo estado de alerta, e tendo en conta que debe quedar rexistro de a que persoa se lle entrega o equipo segundo o documento que acompañará aos equipos.

 



story | by Dr. Radut