Skip to Content

Distribución de máscaras

Aqui  se pode consultar a información sobre a distribución de máscaras.

Eleccións ao Consello Escolar.- Sector familias

Aqui se pode consultar información sobre a renovación parcial do Consello Escolar deste centro.

PREMIO EXTRAORDINARIO DE BACHARELATO

O I.E.S. Xoán Montes quere felicitar a Santiago García Rivas por acadar un dos premios extraordinarios de bacharelato correspondente ao curso 2020-2021.

 

Este premio valora o esforzo que Santiago realizou no transcurso dos seus estudos de bacharelato e que foi posible polo traballo conxunto de toda a comunidade educativa, con especial mención á súa familia e aos equipos docentes que o alumno tivo na súa traxectoria educativa.

 

PARABÉNS SANTIAGO!

EXAMES SETEMBRO

Aqui podes consultar o calendario dos exames de setembro.

LIBROS DE TEXTO 2021/2022

Relación de libros de texto para o curso 2021/22.

PROGRAMA ERASMUS+ "ATS STEM" (3º e 4º ESO)

O IES Xoán Montes foi, durante o curso 2020-2021, centro piloto dun programa sobre avaliación de competencias transversais STEM dentro dun proxecto Erasmus+ KA3 promovido pola Consellería de Educación, en colaboración coa USC.

O alumnado realizou unha autoavaliación sobre o seu grao de competencias transversais antes e despois da incorporación do Marco europeo de traballo de Competencias STEM, baseado en metodoloxías activas e participativas. A USC estudará e difundirá, previsiblemente en outubro, os resultados do proxecto que permitirán coñecer o grao de ditas competencias: resolución de problemas, innovación e creatividade, comunicación, pensamento crítico, capacidades metacognitivas, colaboración, autorregulación, competencias e destrezas disciplinares.

Cartel Competencias STEM. Beatriz Penas Trastoy (3ºB). CC BY-SA

ENTREGA BOLETÍNS CUALIFICACIÓNS E REVISIÓN DE EXAMES

ENTREGA DE BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS:

DATA  ESO E 1º BAC: 24 de xuño, ÁS 10:00

LUGAR: AULA DE GRUPO

Para revisión de exames e aclaracións cos profesores (25 e 28 de xuño) deben pedir cita directamente co profesor ou chamar ao teléfono do Centro para pedir cita.

O departamento de Orientación do IES Xoán Montes vén de recibir un recoñecemento polo seu labor

 

O Departamento de Orientación do IES Xoán Montes acadou o recoñecemento polo seu compromiso e traballo que desenvolve desde hai anos coa fundación ALAR Galicia, dependente da Xunta de Galicia. O programa é o Proxecto Coaching Menores de acompañamento social e adestramento de vida co obxectivo de favorecer o desenvolvemento integral.

 

Este programa consiste no acompañamento individualizado de rapaces/as entre 12 e 17 anos co obxecto de cubrir as súas espectativas e necesidades, transformando posibles situacións de conflicto persoal en momentos superados de forma positiva, de forma que centra a súa actuación en axudar a aprender, no lugar de ensinar.

Estiveron presentes no acto, ademais da orientadora Cristina Vila quen se encargou de recoller a placa conmemorativa, o xuíz D. José Antonio Vázquez  Taín, o director de Alar Galicia D. José Antonio González Truque e o presidente da Xunta da Galicia D. Alberto Núñez Feijoó.

INFORMACIÓN ALUMNADO 2º BAC MATRÍCULA ABAU

PROCEDEMENTO E CALENDARIO RECLAMACIÓNS 1º BACHARELATO E ESO

Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

Distribuir contido


by Dr. Radut