Skip to Content

FIN DE CURSO!

Chegamos ao remate doutro curso. Que rápido pasou e cantas emocións vividas e aprendizaxes levamos nas "mochilas"!

O alumnado de 4º ESO festexou o fin de etapa cun emotivo acto que estivo amenizado polas actuacións musicais de Liver Planas ao piano e do grupo Beach Avenue do que é integrante Iñaki Santiso, ambos alumnos de 4ºB. Coma habitual, o alumnado loceu as súas mellores galas para este acto de despedida.

despedida 2023

ENTREGA NOTAS FINAL (ESO) E EXTRAORDINARIA (BAC)

O LUNS, 26, ÁS 11:00 os titores entregarán na aula de grupo os boletíns de cualificacións ao alumnado da ESO e ao alumnado de BAC que tivo que concorrer á convocatoria extraordinaria.

 

Noraboa aos semifinalistas do concurso-simulador Young Business Talents 22/23

Como cada curso, todo o alumnado de Economía participa no concurso.simulador YBT. É unha actividade que require constancia e na cal se adopta o papel de empresari@, tendo que tomar todas as decisións para levar unha empresa nunha situación de incertidume, o máis parecido a unha situación real.

Non sempre se chega á semifinal pero aquí tedes un nutrido grupo representativo das distintas clases, que levan o seu diploma acreditativo, tamén o obtén a profesora e o Instituto se chega ás semifinais un gran número de grupos do centro, como foi o caso.

Bo traballo!

A Axencia Tributaria co alumnado de Economía

Aínda que algo tarde, queremos recordar algunha das actividades que se organizaron no departamento de Economía e que resultaron moi enriquecedoras. Os días 21 e 22 de marzo, varias técnicas de facenda compartiron connosco parte dos seus coñecementos sobre os tributos, o que nos permitiu coñecer mellor a realidade como cidadáns que somos.

A actividade foi en tódolos cursos nos que se da Economía ou Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial,  4º da ESO, 1º e 2º de bacharelato. 

Algunhas fotos da actividade:

 

Revista Á SOMBRA DA MURALLA NÚM. 31

No enlace poden acceder ao último número da revista Á sombra da muralla

Visita a SOGAMA e Cerceda

O alumnado de 3º ESO visitou a planta de tratamento de residuos de SOGAMA para coñecer o camiño dos residuos que xeramos dende as nosas casas ata o seu tratamento final. Aprendimos a separar os residuos no seu contedor correspondente e coñecimos cal é o proceso de tratamento do lixo de envases lixeiros, orgánicos e a fracción resto. Posteriormente tivemos unha visita guiada ao lago artificial de Meirama onde nos explicaron o proceso de baleirado da mina de carbón e recheo de auga, así como a fauna e flora deste novo entorno naturalizado. Para rematar, tivemos unha divertida tarde de convivencia no parque acuático de Cerceda, aproveitando unha marabillosa tarde de sol. Canto aprendimos e que ben o pasamos!

aquapark

Parque acuático. Foto de Inés Iglesias. CC BY-SA

Premio extraordinario de educación secundaria

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, consciente da importancia de recoñecer e valorar publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico a educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, convoca os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico.

 

Máis información na seguinte ligazon.

Programa YAM (Youth Aware of Mental Health)

O IES Xoán Montes foi seleccionado pola Consellería de Educación e o Servizo Galego de Saúde como centro piloto para participar no programa escolar de saúde mental denominado Youth Aware of Mental Health (YAM). Un grupo de 12 alumnos voluntarios de 3ESO participou o 16 de xuño en dito programa, consistente nunha formación teórica e xogos de roles e debates sobre situacións cotiás que lles poden supor estrés e malestar emocional.

YAM

Material do programa YAM

Visita ao MIHL

Un grupo de alumnado de 1ºBAC asistiu ao MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo) para coñecer a exposición permanente acompañados pola profesora de Historia do Mundo Contemporáneo. Ademais, tivemos a ocasión de contempolar a exposición temporal do Culturban. Foi unha boa oportunidade para analizar distintas obras de arte e reflexionar sobre o seu significado e a mensaxe que tentan transmitir ao espectador.

Culturban

Exposición Culturban. Fotografía do MIHL

UN DÍA DE SURF

O alumnado de 4ºESO desfrutou dunha emocionante xornada de Surf en Esteiro na costa lucense organizada polo Departamento de Educación Física. Os profesores da Escola de surf de Viveiro impartiu as nocións básicas para poder surfear as ondas. Ademais, fixo un día marabilloso e as tormentas augantaron toda a xornada para aproveitar o día ao máximo.

surf

Un fermoso día de surf. Fotografía de Marta Saavedra.

Distribuir contido


by Dr. Radut