Skip to Content

Visita a SOGAMA e Cerceda

O alumnado de 3º ESO visitou a planta de tratamento de residuos de SOGAMA para coñecer o camiño dos residuos que xeramos dende as nosas casas ata o seu tratamento final. Aprendimos a separar os residuos no seu contedor correspondente e coñecimos cal é o proceso de tratamento do lixo de envases lixeiros, orgánicos e a fracción resto. Posteriormente tivemos unha visita guiada ao lago artificial de Meirama onde nos explicaron o proceso de baleirado da mina de carbón e recheo de auga, así como a fauna e flora deste novo entorno naturalizado. Para rematar, tivemos unha divertida tarde de convivencia no parque acuático de Cerceda, aproveitando unha marabillosa tarde de sol. Canto aprendimos e que ben o pasamos!

aquapark

Parque acuático. Foto de Inés Iglesias. CC BY-SA

sogama 

O lixo que xeramos. Foto de Inés Iglesias. CC BY-SA

 

O lago artificial aproveitable máis grande do mundo 



page | by Dr. Radut