Estimadas/os nais/pais:
No comezo deste novo curso 2024-2025 queremos darvos a benvida e informarvos dalgunhas cuestións xerais con respecto ao funcionamento do centro. Así celebraremos unha reunión o próximo 10 de outubro no salón de actos do centro ás 19:00 horas na que participaremos os titores e titoras do alumnado, así coma tamén os membros do equipo directivo do centro, de acordo co programa que figura na parte posterior.
Consideramos que o éxito escolar está baseado no compromiso de toda a comunidade educativa e que isto é posible grazas ao traballo conxunto. Gustaríanos seguir contando coa súa imprescindible colaboración e compromiso. Así mesmo, lembrarlles que os titores/as son a canle principal de comunicación entre as familias, os alumnos/as e o centro, polo que dispoñen dunha hora semanal de atención a nais/pais. É importante que soliciten cita con antelación para que o titor/a poida solicitar toda a información dispoñible sobre o seu fillo/a. Todos os demais profesores/as non titores/as teñen tamén unha hora de atención a nais/pais no seu horario semanal
Agradecémoslles tamén de antemán a súa asistencia a esta actividade.
Programa da actividade:
Primeira parte da reunión: Oferta educativa, calendario escolar, normas de organización e funcionamento, servizos complementarios, axenda escolar, plans e proxectos do centro para o curso, información do departamento de orientación e actividades extraescolares e complementarias.
Segunda parte da reunión cos titores/as nas aulas de grupo: programación da titoría, procedementos de xustificación de faltas e criterios de promoción e titulación.