Skip to Content

Fin do curso 2023-2024 e matrícula para o curso 2024-2025

Publicación das cualificacións en abalar para educación secundaria obrigatoria, formación profesional básica, ciclos formativos:24 de xuño a partir 14:00 horas

Entrega de boletíns de notas e recollida dos sobres de matrícula

  • Entrega de boletíns de notas e recollida de sobres de matrícula para o vindeiro curso: 25 de xuño ás 11:00 horas nas aulas de grupo

  • Reclamacións ás cualificacións: 25 e 26 de xuño

MATRÍCULA ESO E BACHARELATO

  • Matrícula para educación secundaria obrigatoria e bacharelato abrangue do 25 de xuño ata o 5 de xullo como data límite. Pero cada curso deberá preferentemente entregar os sobres cubertos os seguintes días no centro educativo:

    • Martes, mércores e xoves 25, 26, 27  de xuño recollida dos sobres de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria
    • Martes,  mércores e xoves 25, 26 e 27 de xuño 3º e 4º de ESO.

    • Xoves e venres 27,28 de xuño e  luns e martes 1 e 2 de xullo 1º e 2º de bacharelato
    • Data límite entrega de sobres día 4 de xullo en casos excepcionais
    • PREINSCRIPCIÓN E MATRÍCULA EN CICLOS FORMATIVOS

Aviso importante: antes de facer a preinscripción os que rematan o ciclo medio e superior deben pagar o título correspondente mediante o papel de taxas que está a disposición na secretaría do centro (onde estará cuberto un modelo para estes efectos de referencia)

Para completar a preinscripción e matrícula nos graos básico, medio e superior de formación profesional as datas para levalo a cabo son entre:

  • 24 de xuño e o 4 de xullo (grao medio e superior)

  • 24 de xuño ás 9:00 horas ao 4 de xullo ás 13:00 para o grao básico.

O alumnado ten a opción de realizar o procedemento ou ben na secretaría do centro mediante un formulario de reserva a disposición do alumnado (ED519A) ou mediante a aplicación da consellería para este procedemento (www.https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/)

Unha vez cumprimentada a preinscripción o alumnado entregará no centro o sobre de matrícula que se entrega para os que continúan no centro o día 27 de xuño (cubrindo todos os papeis que figuran no sobre da propia matrícula).

Para máis información acudide ao centro ou chamade

Enlaces de interés:

AdxuntoTamaño
prazos_admision_ordinaria_modular_2024-2025_vf.pdf68.71 KB
prazos_admision_fp_basica_2024-2025_vf.pdf66.86 KB


page | by Dr. Radut