Curso 2018-2019
MOI BOA PORCENTAXE DE APROBADOS DO IES VALLE INCLÁN NAS ABAU
Enviado por fernandoe o Ven, 28/06/2019 - 04:47O alumnado de 2º de Bacharelato do IES Valle Inclán acadou unha moi boa porcentaxe de aprobados nas probas ABAU 2019: 87 aprobados de 88 alumnos presentados de estudos diúrnos. Noraboa a todos eles e desexamoslles moita sorte no seu futuro académico e profesional.
- APIs de Blogue
XUBILACIÓNS PROFESORADO IES VALLE INCLÁN CURSO 2018-2019
Enviado por fernandoe o Ven, 28/06/2019 - 03:19Este curso académico 2018-2019 xubiláronse os profesores de Matemáticas Abelardo López Rodríguez e Ignacio Touza Prieto, a profesora de Inglés Charo García Benavides, a profesora de Pedagoxía Terapeútica Elvira Raposeiras Correa, o profesor de Filosofía Alfonso Sola Limia, o profesor de Bioloxía e Xeoloxía Benito Andrade González e o profesor de Lingua e Literatura Castelá Eduardo Cid Sánchez. Agradecemos o seu traballo ao longo de tantos anos e desexámoslles o mellor nesta nova etapa da vida que comezan.
- APIs de Blogue
REPRESENTACIÓN DA OBRA MORTOS COA RISA DO GRUPO DE TEATRO DE PROFESORES ARGALLADA
Enviado por fernandoe o Xov, 27/06/2019 - 20:42O pasado xoves 27 de xuño ás 21:00 horas no teatro Principal abarrotado de público o grupo de teatro de profesores do IES Valle Inclán Argallada representou con gran éxito a obra Mortos coa risa. Noraboa e parabéns a todo o grupo.
- APIs de Blogue
EXCURSIÓN ASTURIAS CANTABRIA ALUMNADO 4ºESO
Enviado por fernandoe o Mar, 25/06/2019 - 11:59Como todos os anos o alumnado de 4º ESO vén de realizar a excursión a Asturias e Cantabria. Do 20 ao 24 de xuño visitaron a praia das Catedrais, Cudillero, Covadonga, Santillana del Mar, as neocovas de Altamira e Oviedo. Tamén fixeron rutas polos Lagos de Covadonga e realizaron diversas actividades na natureza como o descenso do Sella en canoa, barranquismo, espeleoloxía e paintball. Pinchade na imaxe para ver máis fotografías.
- APIs de Blogue
ENTREGADOS OS PREMIOS DO CONCURSO 2019 "LE FRANÇAIS C´EST..."
Enviado por fernandoe o Mar, 25/06/2019 - 11:33Na semana da Francofonía o alumnado de 2º de ESO fixo carteis explicando as razóns de porqué lles gustaba o francés. O premio foi unha taza personalizada e os gañadores foron:
Álvaro Castro Calvo de 2ºESO B
Carlota Montes e Clara Silvares Morat de 2ºESO D
- APIs de Blogue
EXAMES DELF 2019
Enviado por fernandoe o Dom, 23/06/2019 - 21:38Como estes últimos anos o alumnado do IES Valle Inclán acadou uns magníficos resultados nos exames DELF do Ministerio de Educación Frances nos niveles B1 e B2 (intermedio e avanzado). Estas probas non caducan e son válidas internacionalmente. Na seguinte fotografía vemos algúns dos alumnos que aprobaron este curso, pertencen a 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato.
- APIs de Blogue
CLASE DE POESÍA E ARTE POÉTICA DO PROFESOR UNIVERSITARIO E POETA MIGUEL D´ORS
Enviado por fernandoe o Ven, 21/06/2019 - 04:37O pasado mércores 19 de xuño Miguel d´Ors, galego de nacimento, poeta e profesor universitario impartiu ao alumnado de 3ºESO A unha clase maxistral sobre poesía e arte poética. Asi mesmo leu e comentou algúns dos seus poemas.
- APIs de Blogue
REPRESENTACIÓN DO GRUPO DE TEATRO DE PROFESORADO ARGALLADA: MORTOS COA RISA. XOVES 27 DE XUÑO ÁS 21:00 NO TEATRO PRINCIPAL
Enviado por fernandoe o Lun, 17/06/2019 - 04:28- APIs de Blogue
VISITA DO ALUMNADO DE 3º DE ESO AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DE CAMPOLAMEIRO
Enviado por fernandoe o Dom, 16/06/2019 - 19:43
O pasado venres 14 de xuño o alumnado de 3º de ESO visitou o Parque arqueolóxico de Campolameiro, ao longo da saída poideron ver, coñecer como se realizaron, e interpretar diferentes petroglifos da Ídade de Bronce. Tamén visitaron unha reproducción dun poblado da época e aprenderon a tirar lanzas con propulsores prehistóricos. Pincha na imaxe inferior para ver máis fotografías da visita.
- APIs de Blogue
LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS E SUPLENTES ACTIVIDADES FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS ALUMNADO 2019
Enviado por fernandoe o Mar, 11/06/2019 - 07:41
Xa están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e suplentes das actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado 2019. Podense consultar na páxina web: http://www.edu.xunta.es/axudasle ou nas seguintes ligazóns:
- APIs de Blogue
AS ALUMNAS SILVIA SALGUEIRO, LUCÍA ÁLVAREZ E SORAYA ADÁN GAÑADORAS DOS PREMIOS DO PROGRAMA EDUCACIÓN CÍVICA-TRIBUTARIA NA MODALIDADE DE REDACCIÓN E SOFÍA ÁLVAREZ E MARÍA GAMALLO NA MODALIDADE DE RECURSOS AUDIOVISUAIS
Enviado por fernandoe o Ven, 07/06/2019 - 06:16As alumnas de 1º de Bacharelato Silvia Salgueiro Iglesias e Lucía Álvarez Amoedo e a alumna de 4º de ESO Soraya Adán Es-Salehy resultaron gañadoras do premio do Programa de Educación Cívica-Tributaria organizado pola Axencia Tributaria de Pontevedra na modalidade de redacción, e Sofía Álvarez Álvarez e María Gamallo Martínez de 1º de Bacharelato obtiveron o premio na modalidade de recursos audiovisuais.
Este programa busca concienciar aos escolares na importancia dos impostos no financiamento dos servicios públicos que disfrutamos, e o papel da Axencia Tributaria en devandito proceso.
Unha parte do premio foi unha visita a unha embarcación do Servizo de Vixilancia Aduaneira do porto de Marín. Pincha na imaxe dos premiados na lancha para ver a información publicada na edición dixital do Faro de Vigo, na ligazón inferior para ver a noticia en Pontevedra Viva e no vídeo para ver o traballo da alumna María Gamallo. Tamén tedes máis fotografías se pinchades na imaxe superior.
Información publicada en Pontevedra Viva o mércores 5 de maio
Vídeo gañador alumna María Gamallo Martínez
Cartel gañador alumna Sofía Álvarez Álvarez
- APIs de Blogue
EXPOSICIÓN SEMANA INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN STRATFORD-UPON-AVON (INGLATERRA)
Enviado por fernandoe o Lun, 03/06/2019 - 04:20
O alumnado de 4º de ESO que realizou un curso de inmersión lingüística en Stratford-Upon-Avon, cidade natal e residencia habitual de William Shakespeare, fixeron unha exposición no hall do Instituto, na que explican o aprendido sobre a relación tan estreita entre esta cidade e o gran poeta e dramaturgo.
- APIs de Blogue
CRECE LIXEIRAMENTE O NÚMERO DE ALUMNOS QUE APROBAN BACHARELATO EN PONTEVEDRA
Enviado por fernandoe o Ven, 31/05/2019 - 04:49Pincha na imaxe para ver o artigo publicado na edición dixital da Voz de Galicia, no que aparecen moitas fotos do alumnado de 2º de Bacharelato na previa do acto de graduación no Instituto.
- APIs de Blogue
ACTO DE GRADUACIÓN 2º DE BACHARELATO
Enviado por fernandoe o Ven, 31/05/2019 - 04:38Onte, xoves 30 de maio, tivo lugar o acto de graduación de 2º de Bacharelato no Pazo da Cultura. Foi o momento de lembranzas, discursos, actuacións marabillosas, entrega de insignias e distincións de honra que convertiron o evento nunha celebración moi emotiva. Parabéns a todo o alumnado, moita sorte e agardamos as vosas visitas para seguir compartindo o camiño. Pincha na primeira imaxe para ver máis fotografías.
- APIs de Blogue