1º Curso Bacharelato
Charla sobre a "Procura de Emprego" para 1º Bach
Enviado por edelmiracalvar o Mar, 21/05/2024 - 18:13O alumnado de economía de 1º de bacharelato tivo a oportunidade de asistir a unha charla sobre a "Procura de Emprego", actividade comprendida no programa EduEmprende Actúa e impartida por Verónica Rodríguez de Promove, quen de xeito moi dinámico e participativo, fixo reflexionar ao alumnado sobre as súas competencias persoais e profesionais, expuxo diferentes posibilidades de saídas laborais, explicou como facer un currículum e diferentes técnicas e ferramentas para a procura de emprego.
Alumnos de 1º Bach visitaron os Xulgados do Penal na Parda
Enviado por edelmiracalvar o Mér, 31/01/2024 - 05:44O 17 de xaneiro alumnado de 1º de Bacharelato asistiu a varios xuizos nos Xulgados do Penal na Parda e fixeron unha visita ás distintas instalacións do Xulgado, onde os profesionais encargados explicaron o seu traballo e os distintos trámites xudiciais.
Esta actividade está incluida no programa "Educar en Xustiza". Agradecemos a acollida do persoal de Xulgados, o tempo que nos adicaron e as interesantes explicacións.
Conferencia “El futuro siempre empieza hoy”
Enviado por edelmiracalvar o Mar, 14/11/2023 - 06:54O 10 de novembro no paraninfo tivo lugar a conferencia “El futuro siempre empieza hoy” á que asistiu o alumnado de Economía de 1º de bacharelato e o alumnado de Empresa de 2º de bacharelato. Esta interesante charla foi impartida por Dª Carlota Sánchez-Montaña Puga, coordinadora da área de educación de AFundación de Abanca e profesora de finanzas de IASIDE.
Ao longo das dúas horas de charla, a conferenciante fai un percorrido polos cambios tecnolóxicos e dixitais das últimas décadas, cambios que están transformando o noso modo de vida e que son e serán máis rápidos nos próximos anos, ao igual que a loita contra o cambio climático.
Todos estes cambios condicionan as profesións do futuro e supoñen todo un reto para a Educación.
Preme aquí para ver máis fotos de este evento.