Economía
Charla sobre a "Procura de Emprego" para 1º Bach
Enviado por edelmiracalvar o Mar, 21/05/2024 - 18:13O alumnado de economía de 1º de bacharelato tivo a oportunidade de asistir a unha charla sobre a "Procura de Emprego", actividade comprendida no programa EduEmprende Actúa e impartida por Verónica Rodríguez de Promove, quen de xeito moi dinámico e participativo, fixo reflexionar ao alumnado sobre as súas competencias persoais e profesionais, expuxo diferentes posibilidades de saídas laborais, explicou como facer un currículum e diferentes técnicas e ferramentas para a procura de emprego.
Alumnado de 2 ºBACH visitou os xulgados de Pontevedra
Enviado por edelmiracalvar o Ven, 08/03/2024 - 09:01Alumnado de 2 ºBACH visitou os xulgados de Pontevedra no marco dunha actividade complementaria organizada polo Departamento de Economía.
Esta actividade está enmarcada dentro do Programa Educar en Xustiza que promove o Consello Xeral do poder xudicial, e ten como obxectivo que o alumnado coñeza o funcionamento dos órganos xudiciais. Ademais do percorrido por distintas dependencias coa correspondente explicación dos profesionais, tivemos a ocasión de presenciar dous xuízos no Xulgado de O Pena.
Visita ó obradoiro de Elena Ferro en Merza e a Casa Grande de Xanceda
Enviado por edelmiracalvar o Ven, 01/03/2024 - 10:01O alumnado de economía de 1º de bacharelato visitou o 28 de febreiro, o obradoiro de Elena Ferro en Merza e a Casa Grande de Xanceda onde coñeceron proxectos empresariais de éxito que poñen en valor a economía circular, o rural galego, o coidado do medio ambiente e do desenvolvemento sostible.
Preme aquí para ver tódalas fotos da actividade
Alumnos de 1º Bach visitaron os Xulgados do Penal na Parda
Enviado por edelmiracalvar o Mér, 31/01/2024 - 05:44O 17 de xaneiro alumnado de 1º de Bacharelato asistiu a varios xuizos nos Xulgados do Penal na Parda e fixeron unha visita ás distintas instalacións do Xulgado, onde os profesionais encargados explicaron o seu traballo e os distintos trámites xudiciais.
Esta actividade está incluida no programa "Educar en Xustiza". Agradecemos a acollida do persoal de Xulgados, o tempo que nos adicaron e as interesantes explicacións.
Conferencia “El futuro siempre empieza hoy”
Enviado por edelmiracalvar o Mar, 14/11/2023 - 06:54O 10 de novembro no paraninfo tivo lugar a conferencia “El futuro siempre empieza hoy” á que asistiu o alumnado de Economía de 1º de bacharelato e o alumnado de Empresa de 2º de bacharelato. Esta interesante charla foi impartida por Dª Carlota Sánchez-Montaña Puga, coordinadora da área de educación de AFundación de Abanca e profesora de finanzas de IASIDE.
Ao longo das dúas horas de charla, a conferenciante fai un percorrido polos cambios tecnolóxicos e dixitais das últimas décadas, cambios que están transformando o noso modo de vida e que son e serán máis rápidos nos próximos anos, ao igual que a loita contra o cambio climático.
Todos estes cambios condicionan as profesións do futuro e supoñen todo un reto para a Educación.
Preme aquí para ver máis fotos de este evento.