Curso 2015-2016
OS INSTITUTOS NON PECHAN EN VACACIÓNS
Enviado por fernandoe o Dom, 03/07/2016 - 17:45FOTOS EXCURSIÓN CANTABRIA 4º DE ESO
Enviado por fernandoe o Mar, 28/06/2016 - 10:28A PROFESORA ANA SANTOS SUMA E SEGUE OURO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ATLETISMO
Enviado por fernandoe o Dom, 26/06/2016 - 18:15A profesora de Educación Física Ana Santos Solla obtivo a medalla de ouro na proba de 80 metros valados no campionato de España de Atletismo de veteráns que se celebrou en Elche. Parabéns profe, unha máis para a colección.
CONCEDIDO O SELLO DE CALIDADE DO PROGRAMA EUROPEO ETWINNING A 4º DE ESO A E A PROFESORA ANA SANTOS POLO SEU TRABALLO DE ACROSPORT
Enviado por fernandoe o Mér, 22/06/2016 - 17:22O grupo 4º de ESO A e a profesora de Educación Física Ana Santos Solla acaban de acadar o sello de calidade do programa europeo eTwinning polo seu traballo de Acrosport feito conxuntamente co Licée Félix Faure de Beauvais (Francia). Tedes toda a información sobre o seu proxecto nesta ligazón https://twinspace.etwinning.net/12263/home. Parabéns a tod@s. Pincha no diploma para ver todas as fotografías.
REPRESENTACIÓN DE ARGALLADA: QUERIDOS REIS MAGOS ...
Enviado por fernandoe o Mar, 21/06/2016 - 05:17O pasado venres 10 de xuño tivo lugar no teatro Principal a representación da obra "Queridos reis magos..." do grupo de teatro de profesorado do IES Valle Inclán Argallada. Coma sempre non queda mais que dar os parabéns a todos os compoñentes do grupo pola magnífica representación que fixo pasar un moi bo rato aos asistentes.
CARLOS BEN ARRIBI DE 4º DE ESO E SABELA ESTÉVEZ COCHÓN DE 2º DE ESO PREMIADOS NO XXIII CONCURSO NACIÓNAL CANGURO MATEMÁTICO
Enviado por fernandoe o Lun, 20/06/2016 - 07:36Os alumnos Carlos Ben Arribi de 4º de ESO B e Sabela Estévez Cochón de 2º de ESO D foron premiados no XXIII Concurso Canguro Matemático - 2016 que se celebrou as 16:45 horas o xoves 17 de marzo de 2016 nas distintas sedes de toda España que habilitou a organización para a realización da proba. Parabéns aos dous premiados. Pinchando na imaxe tedes a lista de premiados e no texto a ligazón ás probas.
Ligazón ás probas (nivel 1 é 1º de ESO e nivel 6 2º de Bacharelato)
ARTIGO DA VOZ DE GALICIA SOBRE OS BRILLANTES RESULTADOS OBTIDOS NAS PAU POLOS NOSOS MELLORES EXPEDIENTES
Enviado por fernandoe o Dom, 19/06/2016 - 17:52100 % APROBADOS ALUMNADO DE DIURNO NA PROBA DE SELECTIVIDADE
Enviado por fernandoe o Dom, 19/06/2016 - 17:46O alumnado do IES Valle Inclán tanto o de diurno como o de adultos obtivo uns moi bós resultados nas PAU que tiveron lugar a semana pasada. En diurno acadouse o 100% de aprobados e sete alumnos/as superaron o nove na fase xeral. Parabéns a tod@s.
A PROFESORA DE EDUCACIÓN FÍSICA ANA SANTOS SOLLA OBTÉN 3 OUROS NOS CAMPIONATOS GALEGOS DE ATLETISMO DE VETERÁNS
Enviado por fernandoe o Dom, 19/06/2016 - 17:31A profesora de Educación Física Ana Santos Solla obtivo tres medallas de ouro nos Campionatos Galegos de Atletismo de Veteráns que tiveron lugar en Villagarcía nas probas de 100 e 200 metros lisos e 80 metros valados. Parabéns profe.
SIMULACIÓN MEDIANTE PROGRAMAS INFORMÁTICOS DE DESEÑO DO PARANINFO DO CENTRO
Enviado por fernandoe o Xov, 16/06/2016 - 21:28O alumnado de Educación Plástica e visual de 4º de ESO D baixo a dirección do profesor Isidro Cortizo realizou unha simulación con programas informáticos en 3D da entrada e do paraninfo do Centro. Neste vídeo podedes ver o resultado.
ARTIGO DA VOZ DE GALICIA SOBRE O ALUMNADO QUE OPTARÁ AOS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO
Enviado por fernandoe o Xov, 16/06/2016 - 20:36ENTREVISTA NA VOZ DE GALICIA ÁS ALUMNAS PREMIADAS NO CONCURSO DE MODELADO 3D
Enviado por fernandoe o Mar, 14/06/2016 - 08:16QUERIDOS REIS MAGOS NOVA OBRA DO GRUPO DE TEATRO DE PROFESORES DO IES VALLE INCLÁN
Enviado por fernandoe o Xov, 09/06/2016 - 19:29
O Grupo Argallada, que cumpre agora dez anos ( estreabamos alá por maio do 2006 a nosa primeira montaxe con moita ilusión, moitos nervios e moitas ganas), quere convidarvos á estrea de: QUERIDOS REIS MAGOS, unha obra que de seguro non vos ha deixar indiferentes. Unha comedia cun humor non exento dunha boa dose de ironía, protagonizada por pais e fillos, fillos e pais cunha visión do mundo non sempre coincidente. A perplexidade dos nenos ante algúns aspectos da vida, a incomprensión dos pais ante certos comportamentos dos seus fillos, a nostalxia da nenez... en fin que non podedes nin debedes perdela. Agardámosvos. Venres 10 de xuño ás 21:00 no Teatro Principal.
VISITA DO ALUMNADO DE 3º DE ESO AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO
Enviado por fernandoe o Xov, 09/06/2016 - 19:00O pasado venres 3 de xuño o alumnado de 3º de ESO visitou o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro e entre outras actividades poideron descubrir mediante diversas réplicas e obxectos característicos a evolución das técnicas cinexéticas na Prehistoria, converténdose en cazadores que deben despregar todo o seu enxenio e habilidades para acadar o seu obxectivo. Pincha na imaxe para ver todas as fotografías.
INFORMACIÓN NA PRENSA 150 ANIVERSARIO VALLE-INCLÁN
Enviado por fernandoe o Mér, 08/06/2016 - 17:56Aquí tedes diferentes ligazóns a artigos publicados na prensa relacionados coa conmemoración do 150 aniversario do nacemento de Ramón María del Valle-Inclán. Para unha correcta visualización abrir os arquivos co Adobe Acrobat Reader.
Artigo publicado no Faro de Vigo do domingo 5 de xuño de 2016.
Artigo publicado no Diario de Pontevedra do sábado 28 de maio de 2016.
Artigo publicado no Diario de Pontevedra do venres 27 de maio de 2016.