Curso 2015-2016

Curso 2015-2016

CONFERENCIA "O RISCO DE NAVEGAR POR INTERNET"

Este venres 12 de febreiro tivo lugar a conferencia impartida pola Policia Nacional para todo o alumnado de 2º e 3º de ESO, "o risco de navegar por internet".

PARTICIPACIÓN DE ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO NO PROGRAMA DE RADIO DE ONDA CERO "DÁLLE Á LINGUA"

O pasado xoves 4 de febreiro varios alumnos e alumnas de 1º bacharelato A e B gravaron a súa participación no programa de Onda Cero “Dálle á lingua”, co que vimos colaborando desde hai xa varios cursos como actividade do Departamento de Lingua Galega e Literatura. A emisora ofrece un espazo radiofónico de tres minutos diarios aproximadamente para a intervención de cada alumno/a, que expón un tema da súa elección. Este ano a nosa participación estenderase ao longo de dúas semanas dende o luns 22 de febreiro ata o venres 4 de marzo de forma continuada de luns a venres a partir das 11.50.  

Nesta ocasión o tema elixido foi “HEROES E VILÁNS”. Esta é a listaxe de alumnado e temas que desenvolveron:

De 1º Bacharelato A:

María Rodilla (actuou de presentadora da actividade )

Ignacio Álvarez (Han Solo)

Francisco Barbeito (Son Goku)

Guillermo Meijón (Capitán América)

Paulo Seoane (Batman)

De 1º Bacharelato B:

Juan David Hernández ( Gru)

Carmen Iglesias (Tywin Lannister)

Pedro Maquieira (Steve Jobs)

Jacobo Moreira (Ironman)

Andrea Portela (Shrek)

Antía Rial ( A muller marabilla)

Pódese escoitar en DIRECTO na radio no 103.6 fm ou en internet. http://www.ondacero.es/emisoras/galicia/pontevedra/directo/

Aquí tedes aos participantes:

 

AO VALLE VAISE EN SKATE

Pincha na imaxe para ver o artigo publicado na Voz de Galicia sobre o profesor e o alumnado do Valle que acude a clase utilizando o skate.

SAÍDA SANTIAGO DE COMPOSTELA DIVERSIFICACIÓN 4º ESO

O pasado mércores 20 de xaneiro o alumnado de diversificación de 4º de ESO visitou Santiago de Compostela (catedral, casco histórico, campus universitario) acompañados pola súa titora a profesora María Lucinda Varela Gil. Foi unha xornada moi agradable de formación e convivencia e que nos deixa esta imaxe para o recordo.

ENTREVISTA NO DIARIO DE PONTEVEDRA AO ALUMNO DE 1º DE BACHARELATO JUAN DAVID HERNÁNDEZ NIÑO

O alumno de 1º de Bacharelato B Juan David Hernández Niño foi o ano pasado medalla de bronce no Campeonato de España por clubes celebrado en Cádiz na proba de 100 metros braza e obtivo o mesmo metal no campeonato Galego no doble hectómetro. Onte foi entrevistado no Diario de Pontevedra, pincha sobre a imaxe para ver o artigo.

SAÍDA SANTIAGO DE COMPOSTELA RELIXIÓN 1ºESO

O pasado mércores 16 de Nadal o alumnado de Relixión de 1º de ESO tivo unha saída educativa a Santiago de Compostela onde percorreron as prazas da zona vella, poideron disfrutar das fermosas vistas dende a cuberta da catedral e realizar unha visita guiada ao seu museo. Para rematar a xornada aínda tiveron tempo de visitar na sede de Afundación unha exposición de "Heroes animados" relacionada coa realización de películas de animación e participar nun obradoiro práctico de stop motion. Aquí tedes algunhas imaxes da actividade.

 

BO NADAL E FELIZ ANO 2016

O IES Valle Inclán dexésalle un bo Nadal e feliz ano 2016 a toda a Comunidade Educativa.

Gañadora do concurso de postais de Nadal organizado polo Equipo de Normalización Lingüística.

REVISTA DIXITAL DO ALUMNADO DO IES VALLE INCLÁN E DO LYCÉE FELIX FAURE DE BEAUVAIS

Revista creada por e para os alumnos do IES Valle Inclán e os alumnos do Lycée Felix Faure de Beauvais

Magazine créé avec Madmagz.

CONFERENCIA-COLOQUIO DE EXDEPUTADOS DO PARLAMENTO DE GALICIA

O pasado martes 15 de decembro tivo lugar unha conferencia-coloquio para o alumnado de 3º de ESO de exdeputados do Parlamento de Galicia. Nela interviron Pedro Manuel Mariño Campos (PSdeG-PSOE) e Salomé Álvarez Blanco (BNG). Marisol Bueno Berrío-Ategortuja (PPdeG) non puido acudir. Comezouse cunha proxección audiovisual que amosou un percorrido pola realidade da principal institución política de Galicia. Tras a presentación da directora do Centro, os exparlamentarios explicaron as funcións da Cámara autonómica, a súa composición e órganos e contestaron ás preguntas do alumnado que deron lugar a un interesante debate.

ENTREVISTA Á PROFESORA DE EDUCACIÓN FÍSICA ANA SANTOS EN RNE

Aquí tedes a entrevista en RNE da profesora de Educación Física do IES Valle Inclán Ana Mª Santos Solla na que explica o seu traballo no proxecto europeo Acroshow de eTwinning.

 

VIDEOCONFERENCIA DO ENXEÑEIRO AEROESPACIAL ESPAÑOL FERNANDO ABILLEIRA

Este luns 16 de novembro o alumnado de 1º e de 2º de Bacharelato de Ciencias tivo a sorte de poder asistir a unha videoconferencia titulada "pasado, presente e futuro da Investigación espacial en Marte", dende o NASA Jet Propulsion Laboratory de Pasadena, California do enxeñeiro aeroespacial español Fernando Abilleira, que entre outros traballos formou parte do equipo de Deseño de Misión e Navegación do proxecto Mars Science Laboratory, o cal acadou aterrizar con éxito o rover Curiosity en Marte o 6 de agosto de 2012. Curiosity atópase no interior dun cráter coñecido como Gale, e está actualmente avaliando se nalgún momento esa rexión albergou as condicións necesarias para o desenvolvemento de vida microbiana.

Na actualidade Fernando é o Manager de Deseño de Misión e Navegación e o Subdirector de Misión durante a fase de Aproximación e Aterrizaxe do próximo vehículo marciano coñecido como InSight que se lanzará a Marte en marzo de 2016.

Fernando Abilleira desenvolveu o tema de xeito moi ameno con diapositivas e vídeos, e despois contestou as numerosas preguntas que se lle formularon. Buscando compartir con todos esta bonita e moi interesante experiencia, aquí tedes os catro vídeos que se proxectaron relacionados co envío do rover Curiosity a Marte.

  

O CENTRO RECIBE O SELO DE CALIDADE EUROPEO

O IES Valle Inclán foi galardoado co Selo de Calidade Europeo polo excelente traballo realizado no proxecto "Acroshow" de eTwinning dirixido pola profesora de Educación Física Ana Mª Santos Solla. Isto significa que o traballo da profesora e o dos seus estudantes foi recoñecido ao máis alto nivel europeo. Na imaxe está o certificado e o proxecto aparecerá nun sitio especial do Portal europeo en www.etwinning.net

Pincha na imaxe para ver o artigo publicado na voz de galicia o domingo 8 de novembro

 

 

A PROFESORA ANA SANTOS SOLLA PRESENTOU A SÚA EXPERIENCIA ETWINNING DESENVOLVIDA CUN INSTITUTO FRANCÉS

O pasado sábado 24 de outubro no II Congreso Etwinning en Santiago de Compostela a profesora de Educación Física do IES Valle Inclán Ana Santos Solla presentou o proxecto Acroshow que realizou durante o curso pasado co alumnado do IES Valle Inclán e o Lycée Felix Faure de Beauvais de Francia e polo cal recibiu o selo de calidade Etwinning, unha plataforma que permite aos docentes compatir ideas a través das TIC e desenvolver proxectos colaborativos en Europa. Parabén á profesora polo seu traballo. Pinchando nos enlaces que se amosan a continuación tedes máis información do Proxecto Acroshow, do programa europeo Etwinning e do programa do Congreso.

Proxecto Acroshow

Programa Etwinning

Programa do Congreso

A CADEA DE TELEVISIÓN FRANCE 2 VISITA O IES VALLE INCLÁN

A mañá do venres foi especial para os alumnos do IES Valle Inclán. Unha cámara de televisión esperáballes para acompañarlles na súa clase de francés xa que a súa profesora Dna. Carmen Alonso estaba a ser entrevistada para un programa de televisión mostrando o seu día a día nunha cidade peonil. Desta maneira o alumnado de francés de segundo de bacharelato puido poñer en práctica os seus coñecementos charlando en francés co xornalista Silvere Rocher. O programa será emitido na cadea France 2 e posteriormente na TVG.

 

Distribuir contido