Curso 2016-2017
REVISTA DIXITAL DO ALUMNADO DE 3º DE ESO A QUE RESUME A SÚA EXPERIENCIA DO VIAXE-INTERCAMBIO EN PARÍS-MONTDIDIER DESTE CURSO
Enviado por fernandoe o Sáb, 01/07/2017 - 10:46Pincha na imaxe para ver a revista dixital elaborada polo alumnado de 3º de ESO A (sección bilingüe de Música en Francés) baixo a coordinación da profesora María de los Santos.
- APIs de Blogue
VIAXE A GRECIA DO ALUMNADO DE HUMANIDADES
Enviado por fernandoe o Mér, 28/06/2017 - 17:51O alumnado de Grego están estes días empapándose de cultura no berce de Europa e da nosa civilización occidental. Pincha na imaxe para ver máis fotos.
- APIs de Blogue
ARTIGO SOBRE A REPRESENTACIÓN DA OBRA TEATRAL "FINLANDIA" DO GRUPO ARGALLADA PUBLICADO NO FARO DE VIGO
Enviado por fernandoe o Mér, 28/06/2017 - 17:39Pincha na imaxe para ver o artigo publicado no Faro de Vigo o martes 27 de xuño sobre a representación da obra "Finlandia" polo grupo de teatro do profesorado do IES Valle Inclán Argallada. Para unha correcta visualización descargade o pdf unha vez aberto.
- APIs de Blogue
ENTREVISTA Á ALUMNA DE 2º DE BACHARELATO SARAH VIDAL HORTA NO DIARIO DE PONTEVEDRA
Enviado por fernandoe o Mar, 27/06/2017 - 19:16Pincha na imaxe para ver a entrevista publicada no Diario de Pontevedra á alumna de 2º de Bacharelato Sarah Vidal Horta que acadou un 13,3 na ABAU. Para unha correcta visualización do artigo pinchade en descargar unha vez esté aberto.
- APIs de Blogue
FOTOS DA OBRA FINLANDIA REPRESENTADA POLO GRUPO DE TEATRO ARGALLADA
Enviado por fernandoe o Lun, 26/06/2017 - 15:19Pincha na imaxe para ver as fotografías e un vídeo da representación da obra Finlandia polo grupo de teatro do profesorado do IES Valle Inclán Argallada do venres 16 de xuño no teatro Principal .
- APIs de Blogue
ESTOS ESTUDANTES MERENDARONSE A ABAU
Enviado por fernandoe o Dom, 25/06/2017 - 14:10Pincha na imaxe para ver o artigo publicado na Voz de Galicia o domingo 25 de xuño no que aparece o alumno do noso Centro Antón Entenza Martínez que obtivo un 9,53 na fase xeral da ABAU.
- APIs de Blogue
MAGNÍFICO RESULTADO DOS ALUMNOS DO IES VALLE INCLÁN NO DELF SCOLAIRE OS 20 ALUMNOS PRESENTADOS ACADAN OS DIPLOMAS NAS SUÁS RESPECTIVAS PROBAS
Enviado por fernandoe o Xov, 22/06/2017 - 21:14O DELF (Diploma de Estudos en Lingua Francesa) consta de 4 diplomas oficiais internacionais expedidos polo Ministerio de Educación Nacional de Francia para acreditar as competencias en Francés. Os 20 alumnos do noso Centro que se presentaron acadaron os seus respectivos diplomas A2, B1 ou B2. As probas conxuntas desenvolvéronse en abril no IES Sánchez Cantón con outros institutos da cidade e da provincia e as individuais tiveron lugar no noso Instituto. Noraboa a todos.!!!
Pincha na seguinte ligazón para ter máis información sobre o DELF SCOLAIRE.
- APIs de Blogue
PREMIADOS SEMANA DA LINGUA FRANCESA
Enviado por fernandoe o Xov, 22/06/2017 - 20:49Estes días tivo lugar a entrega de premios do concurso da francophonie organizado polo departamento de Francés do Centro, no que o alumnado tiña que presentar textos literarios, fotografías, vídeos ,... utilizando a lingua Francesa. Parabéns aos premiados e o departamento de Francés quere agradecer a altísima participación no concurso. Aquí tedes as fotografías dos alumnos premiados.
IES VALLE INCLÁN de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery
- APIs de Blogue
O ALUMNADO DE 4º DE ESO NOS PICOS DE EUROPA
Enviado por fernandoe o Mar, 20/06/2017 - 04:53O alumnado de 4º de ESO está realizando a súa excursión de fin de etapa mesturando actividades de tipo cultural como as visitas a Santillana del Mar e as Covas de Altamira e lúdicas como senderismo nos Lagos de Covadonga, descenso do Sella en canoa ou unha actividade de paintball. Onte envíaronnos esta foto dende os Picos de Europa en Covadonga. Pincha na imaxe para ver máis fotografías.
- APIs de Blogue
FORMACIÓN EN EDUCACIÓN FÍSICA EN REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR
Enviado por fernandoe o Mar, 20/06/2017 - 04:30A semana pasada fíxose a entrega dos diplomas expedidos polo 061 para todos os alumnos de 1º bacharelato e 3º e 4º bilingues que fixeron a formación do uso do DESA (Desfibrilador semiautomático) impartido nas clases de Educación física, o resto dos alumnos de 3º e 4º recibirán o seu diploma no mes de setembro. Dez profesores tamén fixeron a formación que os capacita para utilizar o aparello.
- APIs de Blogue
O ALUMNO DE 2º DE ESO BERNARDO LÓPEZ CAMPIÓN GALEGO DE TENIS NA CATEGORÍA INFANTIL POR EQUIPOS CO CLUB DE TENIS PONTEVEDRA
Enviado por fernandoe o Dom, 18/06/2017 - 19:09O alumno de 2º de ESO Bernardo López Vázquez acaba de gañar o campionato galego infantil de tenis por equipos co club de tenis Pontevedra. Na final derrotaron ao club de tenis Coruña e nas semifinais ao Mercantil de Vigo. Parabéns e moita sorte no campionato de España que se celebrará no club de tenis la salut de Barcelona. Pincha na imaxe para ver a información publicada na Voz de Galicia.
- APIs de Blogue
AS ALUMNAS ÁNGELA SÁNCHEZ E CRISTINA LEMOS PREMIADAS NO CONCURSO DE REDACCIÓN ORGANIZADO POLA AGENCIA TRIBUTARIA DE PONTEVEDRA
Enviado por fernandoe o Dom, 18/06/2017 - 18:56A alumna de 1º de Bacharelato Ángela Sánchez Hernández e a alumna de 4º de ESO Cristina Lemos Crespo, acadaron dous dos tres premios do concurso de redacción para Educación Secundaria convocado pola Agencia Tributaria de Pontevedra dentro do programa de educación cívico-tributaria e no que participaron arredor de 120 alumnos. Un dos premios otorgados foi unha visita á patrulleira do Servizo de Vixilancia aduaneira en Marín. Pincha na fotografía para ver a información publicada en Pontevedra Viva.com
- APIs de Blogue
100% APROBADOS ALUMNADO DIURNO NAS PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE
Enviado por fernandoe o Sáb, 17/06/2017 - 08:42Como nestes derradeiros anos o 100% do alumnado de diurno do IES Valle Inclán superou as probas ABAU (Avaliación de Bacharelato para o acceso á universidade). Noraboa a todos eles.
- APIs de Blogue
GRAN ÉXITO DA REPRESENTACIÓN DA OBRA "FINLANDIA" POLO GRUPO DE TEATRO DE PROFESORES DO IES VALLE INCLÁN "ARGALLADA"
Enviado por fernandoe o Sáb, 17/06/2017 - 08:35Este venres o grupo de teatro de profesores do IES Valle Inclán "Argallada" representou a obra de teatro "Finlandia" creada polo profesor de Lingua Galega Fran Godón no teatro Principal. A interpretación foi un éxito xa que fixo pasar un rato ben agradable ao numeroso público asistente. Noraboa polo voso traballo.
- APIs de Blogue
O VENRES 16 DE XUÑO ÁS 21:00 NO TEATRO PRINCIPAL O GRUPO DE TEATRO DE PROFESORES DO IES VALLE INCLÁN ARGALLADA ESTREA A OBRA FINLANDIA
Enviado por fernandoe o Mar, 13/06/2017 - 18:14Este venres 16 de xuño as 21:00 horas no teatro Principal o grupo de teatro de profesores do IES Valle Inclán, Argallada, como xa nos ten acostumados desde hai máis de dez anos, pon en escena a obra FINLANDIA. Esta obra, un xogo de humor absurdo que xira en torno a dúas cadeiras é o resultado dun traballo colectivo con adolescentes no marco duns obradoiros de teatro que tiveron lugar na Pobra de Caramiñal, xestionados e dirixidos polo profesor do Departamento de Galego Fran Godón.
Agardámosvos no teatro.
- APIs de Blogue