Curso 2018-2019

O IES VALLE INCLÁN CELEBRA MAÑÁ O DÍA DE EUROPA CREANDO UNHA ALAMEDA EUROPEA CON 29 ÁRBORES

O IES Valle Inclán celebrará mañá, 9 de maio o día de Europa cunha representación de Alameda Europea decorando 29 árbores, un por país ademáis da Unión Europea. Nesta actividade enmarcada no proxecto de Escola Embaixadora do Parlamento Europeo, xunto co alumnado do programa colaboran artistas como Antón Sobral, María Lusquiños, Ana Corzo, Miguel Vidal, Jennifer Gan ou África Rodríguez. Pincha na imaxe para ver o artigo publicado na edición dixital da Voz de Galicia o martes 8 de maio ou no vídeo para ver a información emitida no Canal Rías Baixas. 

O programa completo de actividades é o seguinte:

10:00 Concerto na escalinata do Centro en diferentes linguas europeas de alumnado de 2º e 3º de ESO.

10:00 Representación da obra "Refuxiados" polo grupo de teatro do Centro "Skene" no teatro Principal.

11:00-11:10 Flashmob na Alameda executado por alumnado de 2º e 4º de ESO  e creado por Concha Orgaz de A Redeira.

11:15 Inaguración da "ALAMEDA EUROPEA".

12:00 Xogo de pistas diseñado por Daniel Chapela na "ALAMEDA EUROPEA" para o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO.

Información publicada na edición dixital do Faro de Vigo do 8 de maio

Información Canal Rías Baixas 7 de maio

  

VISITA DO ALUMNADO DE 3º DE ESO AO PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL SOTAVENTO

O pasado venres 3 de maio o alumnado de 3º de ESO dos grupos B e C visitaron o parque eólico experimental Sotavento que se atopa en Xermade (Lugo). Foi unha xornada de formación en enerxías renovables (especialmente en eólica) e concienciación da importancia do aforro de enerxía. Divididos en tres grupos percorreron e analizaron as diferentes estancias e razóns tidas en conta no deseño dunha vivenda bioclimática, poideron disfrutar dun chocolate feito con enerxía solar, e coñeceron os aeroxeradores e todos os elementos que os compoñen. Esta visita completarase este venres 10 de maio cos grupos de 3º A e D. Pincha na imaxe para ver máis fotografías.

 

CAMPUS XUVENCIENCIA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO NO CAMPUS TERRA DE LUGO

Volve o campus XuvenCiencia dirixido especialmente a alumnado de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato e que se desenvolve no campus Terra de Lugo. Os participantes desenvolven actividades científicas de día complementadas con actividades lúdicas pola tarde e noite. Pincha no logo para ter máis información.

HOMENAXE A ANTÓN FRAGUAS. UN MAIO MADRUGADOR

Na véspera do Primeiro de Maio, desde o IES Valle-Inclán quixemos dar a coñecer á cidade de Pontevedra a nosa sinxela homenaxe a Don Antón Fraguas Fraguas. 

Coas portas abertas de par en par, para acoller a quen nos acompañaba, un coro improvisado de Mareantes interpretou unha cantiga popular. Dúas alumnas recitaron a primeira Maia de Afonso X, Ven veñas maio, mentres outras danzaban ao redor do Maio do Rei.Unha gaita, un tamboril e unha pandeireta atacaron a alborada Aires de Pontevedra e para rematar un grupo de doce alumnas e alumnos de primeiro de ESO cantaron as coplas dedicadas ao Maio de Fraguas. O Equipo de Dinamización da Lingua Galegas agradece a súa participación á dirección, ao profesorado, ao servizo de conserxería e ao alumnado. Pincha na imaxe superior para ver máis fotografías.

Don Antón Fraguas Fraguas (Letras Galegas 2109) foi alumno do Instituto de Pontevedra desde 1918 ata 1924. Edificio no que na actualidade se sitúa o IES Valle-Inclán. 

 

O IES VALLE INCLÁN CO MUNDIAL DE TRIATLÓN

Arredor de 50 alumnos do IES Valle Inclán están colaborando como voluntarios traballando en diferentes tarefas como avituallamento, secretaría, control antidoping, entrega de premios e outras no campionato mundial de triatlón que se está desenvolvendo en Pontevedra. Pincha na imaxe para ver máis fotografias.

A ALUMNA DE 1º DE BACHARELATO NOELIA REY ARGIBAY ACADOU O CAMPIONATO GALEGO NA CATEGORÍA YOUTH STANDARD

A alumna de 1º de Bacharelato E Noelia Rey Argibay coa súa parella Samuel García del Pozo do club Baile Deportivo Narón, acadaron o campionato galego modalidade 5 bailes na categoría Youth Standard, na proba que tivo lugar en Cee este domingo 28 de abril.  Parabéns Noelia.

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN INGLATERRA DE ALUMNADO DE 4º DE ESO


Dende o 21 ata o 28 de abril 30 alumnos de 4º de ESO acompañados polas profesoras de Inglés Mª Rosario García e Lourdes Villanueva están en Londres nunha experiencia de inmersión lingüística residindo en familias e con catro horas de clase polas mañás. O luns visitaron Oxford onde percorreron os principais monumentos, lugares históricos e "Colleges", o  martes coñeceron os lugares relacionados coa vida de Shakespeare, que curiosamente coincidiu co día do 400 aniversario da súa morte e o mércores estiveron nos teatros onde se representaron as súas obras. Os últimos días aproveitáronos para visitar Londres. Pincha na imaxe para ver máis fotografías.

 

MODIFICACIÓN LISTAXE ADMISIÓN CURSO 2019-2020 4ºESO

No seguinte documento está a modificación da listaxe de admisión de 4º de ESO xa que o número de vacantes era 3 e non 4.

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2019-2020

No seguinte documento tedes a listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2019-2020. O prazo de reclamacións é dende o 25 de abril ata o 5 de maio.

 

ABERTO O PRAZO PARA RECLAMACIÓNS DAS LISTAXES DE PARTICIPACIÓN NAS AXUDAS DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Aberto o prazo para a comprobación das listaxes de participación na convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras. Poden consultar toda a información en: https://www.edu.xunta.es/axudasle/

  

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS BACHARELATO CURSO 2018-2019

Na orde de 28 de marzo de 2019, convocanse os Premios Extraordinarios de Bacharelato, da que tedes un extracto no documento inferior e unha ligazón ao documento completo no seguinte texto.

Orde de 28 de marzo de 2019 de Convocatoria dos Premios Extraordinarios do curso 2018/19

 

EXCURSIÓN DO ALUMNADO DE 1°DE BACHARELATO A ITALIA

O alumnado de 1° de Bacharelato xa rematou o seu percorrido por Italia que comezou na "Cidade Eterna": Roma, acompañados polo Vicedirector Manuel Lastra, as profesoras de Lingua e Literatura Galega Rocío Dourado e Beatriz  Galiano e o profesor de Bioloxía Nicolás Barcala. Durante estes días visitaron Roma, Siena, Pisa, Florencia, Bolonia, Venecia, Verona e Milán. Pincha na imaxe da casa de Julieta en Verona para ver máis fotografías.

ENCONTRO INTERNACIONAL SOBRE PATRIMONIO EUROPEO

Onte tivo lugar un encontro internacional sobre Patrimonio Europeo de alumnado das Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo do noso Centro e alumnado Erasmus que esta a facer unha estancia en Santiago de Compostela, o seu proxecto chámase Propeace ‘Proxecto patrimonio europeo para un futuro cultural xuntos (ProPEACE).

 

ProPEACE é unha asociación estratéxica na que participan dez socios: cinco universidades de Francia, Islandia, Holanda, Rumania e España; tres actores económicos que melloran o patrimonio en Europa: Italia, Rumania, Escocia; e dúas universidades non europeas con experiencia en mediación dixital: Canadá; e interculturalidade: Israel. O equipo é un exemplo da diversidade europea: socios do norte, sur, este, e oeste de Europa, desde a Atlántida ata o mar Mediterráneo, coa participación de europeos de fóra de Europa, desde unha diversidade lingüística ata unha mestura cultural. O proxecto conta co apoio de institucións políticas (por exemplo, Firminy), económicas (autoridades locais italianas) e culturais (Europa Nostra).

ProPEACE busca situar o campo académico do patrimonio nunha perspectiva europea. Para facer isto, ofrece solucións innovadoras para unha modernización dinámica da educación superior europea sobre o patrimonio.

A xornada estivo coordinada polo responsable da Université Jean Monnet SaintEtienne de Francia, Robert Belot. O programa foi o seguinte:


Benvida da directora Pilar Freitas Juvino que falou do patrimonio cultural deste edificio histórico. Agradecemento do responsable de ProPEACE, Robert Belot.


Paula Barreiro e Carla Gutierrez fixeron unha presentación sobre o significado da EEPE, a súa experiencia e labor neste proxecto europeo.

A profesora de Educación Física Ana Santos presentou a memoria da actividade desenvolvida nestes dous anos axudada por Inés Fontenla e Ana Garcia.


Alumnos participantes no ProPEACE contaron as súas experiencias e aprendizaxes neste plan internacional.

En grupos de traballo discutiron sobre o significado do patrimonio europeo.


Presentáronse os resultados da discusión de cada grupo.

As actividades desenvolveronse todas en inglés. Pincha na imaxe para ver máis fotografías.

 

INTERCAMBIO DE FRANCÉS EN NORMANDÍA

Do 25 de marzo ao 1 de abril, 40 alumnos de francés acompañados polas profesoras de Francés, Leonor Tato, de Música, María de los Santos e a auxiliar de conversa, Claire Monpin, están de intercambio con alumnado de 3º de ESO de Normandía. Visitaron o parque natural da Hague na Mancha, facendo parte do sendeiro dos aduaneiros, este mércores asistiron a clases e o xoves estiveron en Omaha Beach e Arromanches onde un profesor de Historia francés explicoulles in situ o día do desembarco. Para terminar, o venres estiveron en Mont Saint-MichelSaint-Malo, pasaron a fin de semana en familia cos seus compañeiros franceses e o luns estiveron en París onde disfrutaron dun percorrido no Sena no bateau mouche, pasearon pola Île de la Cité  e a Île Saint- Louis e visitaron a catedral de Notre Dame.

Pincha na imaxe para ver todas as fotografías.

INTERCAMBIO DE ALEMÁN EN DRESDEN

O noso alumnado de intercambio en Alemania acompañados pola profesora de Alemán Nieves Yáñez e a profesora de Lingua Castelá Ana Bugallo xa está en Dresden, a capital do estado federado de Sajonia, unha cidade monumental á orilla do río Elba situada no centro de Europa. O luns fixeron un percorrido por Dresden que complementaron cun proxecto no Centro sobre a cidade: festas, costumes, natureza, historia,... O martes continuaron co proxecto que complementaron cunha visita ao museo de Dresden, este mércores visitaron o pobo de Meissen e subiron ao castelo, o xoves e venres estiveron no Centro e realizaron un traballo conxunto cos estudantes alemáns sobre o cambio climático. O sábado foi o día da despedida en Dresden e antes da volta a casa aproveitaron para visitar Berlín, e coñecer a Porta de Brandenburgo ou o Parlamento, onde dende a súa cúpula puideron disfrutar da vista do anoitecer sobre a cidade. 

Pincha na seguinte imaxe para ver todas as fotografías.

 

Distribuir contido