Curso 2018-2019

TEATRO EN INGLÉS PARA TODO O CENTRO: THE MUSKETEERS AND POP IDOL

Este mércores 16 de xaneiro organizado polo departamento de Inglés do Centro tivo lugar no teatro Principal a representación das obras de teatro interactivo en Inglés: The Musketeers para Educación Secundaria Obrigatoria en dúas sesións (1º/2º de ESO e 3º/4º de ESO ), e Pop Idol para Bacharelato, pola compañía Interacting. O alumnado disfrutou moito e participou activamente nas actuacións. Pincha nos vídeos e imaxes da parte inferior para ver parte das intervencións.

 

 

 

INFORMACIÓN RECOLLIDA TÍTULOS ESO E BACHARELATO

CHOIVA DE MEDALLAS DO IES VALLE INCLÁN NO CAMPIONATO DE CROSS LOCAL CADETE CELEBRADO EN SESTELO (MARÍN)

Este xoves 10 de xaneiro celebrouse o campionato local de cross categoría cadete en Sestelo (Marín) , e o alumnado do IES Valle Inclán tivo unha destacadísima actuación acadando tres medallas de ouro, unha de prata, unha de bronce e moitísimos diplomas (dentro dos 10 mellores de cada categoría). Estes alumnos quedan clasificados para a seguinte ronda que será o campionato de cross a nivel provincial. Os nosos alumnos gañadores foron:

Maria Aboy (3ºESO A), Ánxela Fontán (2º ESO A), Lucas Ortins (2ºESO A) OURO
Candela Alonso (3º ESO A) PRATA
Elena Arosa (3ºESO B) BRONCE

Pincha sobre a imaxe para ver todas as fotografías e ter máis información do evento.

BO NADAL E FELIZ ANO NOVO

O IES Valle Inclán deséxalle un bo Nadal e un feliz ano novo á toda comunidade educativa. Esta postal obtivo o 1º premio no concurso de felicitacións de Nadal organizado polo departamento de Dinamización Lingüística  e foi feita polas alumnas de 2ºESO D Iria López García e Marta Villar Chapela.

CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE NADAL DO IES VALLE INCLÁN

O departamento de Dinamización Lingüística do IES Valle Inclán organizou o concurso de felicitacións de Nadal no que participou moitísimo alumnado de 1º e 2º de ESO e con traballos de moi alta calidade, polo que hai que felicitar a todos os concursantes.

O xurado decidiu outorgar tres premios e dúas distincións especiais a:

1ºPremio: Iria López García e Marta Villar Chapela de 2ºESO D

 

2º Premio: Julia Estévez Mera de 1ºESO B

 

3º Premio: Ángela Ferradás Lameiro e Natalia Fontán Castro

 

Distinción especial: María Inés Reyes Loureiro e Laura Montoto Villanueva de 1ºESO D

 

Distinción especial: Camino Reboreda Samblás de 1ºESO C

CONFERENCIA DE DANIEL SANSÓ-RUPERT NO MARCO DA ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO

O pasado venres 14 de Decembro tivo lugar no paraninfo do Centro unha conferencia do criminólogo e experto en seguridade nacional e internacional Daniel Sansó-Rupert Pascual, co título "Impacto das políticas de seguridade e defensa nos ámbitos dos dereitos e liberdades", na que tratou de que o alumnado do programa "Escola Embaixadora do Parlamento Europeo" fora consciente de todos os dereitos e liberdade que temos e os perigos que poden vulnerar os mesmos.

A continuación tedes o artigo publicado no Diario de Pontevedra o sábado 15 de Decembro e unhas fotografías do evento.

DESTACADA ACTUACIÓN DE NOELIA REY NO TROFEO SPANISH OPEN STANDARD E O CAMPIONATO DE ESPAÑA 10 BAILES YOUTH

A alumna de 1º de Bacharelato Noelia Rey tivo unha brillante actuación no trofeo Spanish Open Standard de baile no que acadou o terceiro posto e foi semifinalista en latinos. Neste evento participaron parellas de baile de máis de trinta países e as mellores parellas españolas. Tamén acadou o décimo posto no campionato de España 10 Bailes Youth que se celebrou en Guadalajara do 6 ao 9 de decembro. Parabéns á nosa bailarina.

LECTURA DE DEREITOS HUMANOS

Con motivo da celebración o 10 de Decembro do día dos Dereitos Humanos, o equipo da Biblioteca editou este vídeo, cunha selección de lecturas realizadas polo alumnado. Pincha na imaxe para ver o vídeo.

EUROPA QUISO EVITAR AOS REFUXIADOS PECHANDO FRONTEIRAS:CONFERENCIA DE DIEGO ÁLVAREZ E MOHAMED TAHIR

Pincha na imaxe para ver o artigo publicado na edición dixital da Voz de Galicia do xoves 6 de Decembro sobre a conferencia do activista Diego Álvarez e o refuxiado Mohamed Tahir no IES Valle Inclán e no texto para ver a información publicada na edición dixital do Faro de Vigo.

Artigo Edición dixital do Faro de Vigo

 

Pinchando na seguinte imaxe tedes máis fotos da conferencia.

 

CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE NADAL

Como todos os anos o Equipo de Dinamización Lingüística convoca o concurso de felicitacións de Nadal coas seguintes bases:

 

CHARLA-COLOQUIO CON DIEGO ÁLVAREZ ZARAGOZA ACTIVISTA EN FAVOR DOS DEREITOS HUMANOS NO MARCO DA ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO

Este mércores 5 de decembro terá lugar no paraninfo do Centro unha charla-coloquio con Diego Álvarez Zaragoza, activista en favor dos dereitos humanos e en especial das persoas refuxiadas, que virá acompañado dun cidadán afgano que está pendente de asilo. 

 

O ALUMNO BRUNO AMENEIRO GAÑA O V TROFEO AURELIO FERNÁNDEZ LAXE DE OPTIMIST NA CORUÑA

O alumno de 3º de ESO Bruno Ameneiro Amezaga gañou este fin de semana o V Trofeo Aurelio Fernández Laxe de Vela na categoría Optimist. Bruno que pertence ao Real Club Naútico de Sanxenxo gañou tres das cinco mangas disputadas na bahía coruñesa. Noraboa ao noso regatista. Pincha na imaxe para ver o artigo publicado na edición dixital do Correo Gallego o luns 3 de Decembro.

A PROFESORA DE EDUCACIÓN FÍSICA MERCÉ BARRIENTOS ASINOU EXEMPLARES DO SEU LIBRO "CONCIENCIA MÁXICA DE SER ANFIBIO" EN CULTURGAL

A profesora de Educación Física Mercé Barrientos participou este fin de semana en Pontevedra, na undécima edición da Feria Culturgal que se desenvolveu no Pazo da Cultura, asinando exemplares do seu libro "Conciencia máxica de ser anfibio". Tal como a escritora sinala "O escrito é o produto da conciencia de vir de dous mundos: o do mar e o da aldea. Estes dous mundos oníricos están personalizados polos antergos. Polo avó que coñecín, o home libre, amante do mar. E o da bisavoa e as avoas, viúvas de vivos".

 

 

A PROFESORA DE EDUCACIÓN FÍSICA ANA SANTOS PARTICIPOU NUN PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA EN FRANCIA

A profesora de Educación Física Ana Santos foi unha dos oito profesores galegos que estrearon o programa de inmersión lingüística en francés, que se desenvolveu na cidade de Amiens dentro do programa Piale da Consellería de Educación. Pincha na imaxe para ver o artigo publicado na edición dixital da Voz de Galicia o domingo 2 de Decembro.

PAULA DOMÍNGUEZ BARREIRO GAÑADORA DO 1º PREMIO DO CONCURSO LITERARIO "CAMBADOS MAR DE LETRAS"

A alumna de 4º de ESO A Paula Domínguez Barreiro foi a gañadora na modalidade de Poesía do 1º Concurso Literario "CAMBADOS MAR DE LETRAS" convocado polo IES Francisco Asorey baixo o patrocinio do Concello de Cambados e no que se presentaron 32 obras literarias chegadas de diferentes puntos de Galicia. O acto de entrega do premio foi o 9 de Novembro, coincidindo co cabodano do poeta por excelencia de Cambados, Ramón Cabanillas.

Do noso Centro tamén participaron Iría Méndez Mosquera de 3ºESO B e Ariadna Rey Fortes de 4ºESO A na modalidade de Poesía e Gabriel Toval Ansorena de 4ºESO A na modalidade de relato curto. Parabéns á gañadora e a todo o alumnado que participou.

 

Distribuir contido