Enviado por admin o Mér, 20/11/2024 - 21:50
Este xoves 21 de novembro, formación na biblioteca dos plóteres de corte a cargo da profesora Marta Rey, para persoal docente e non docente do centro.
Enviado por admin o Mér, 20/11/2024 - 21:41
Mañá xoves 21 de novembro, a partir das 12.00 horas, emitirase na nosa canle de Youtube, un obradoiro de cableado de fibra óptica impartido por Jose Domingo Alonso, dende o taller 10 de Informática.
Enviado por admin o Dom, 10/11/2024 - 19:15
O alumnado de francés participou na sesión de Conte avec moi o pasado 30 de outubro. Puideron interactuar nas narracións de Samuel Mountoumnjou, nado en Camerún. Coma sempre, un pracer ter a Samuel no noso centro cos seus contos cheos de cor e diversión e que tamén invitan a pensar xa que falan de valores como a honestidade ou a tolerancia.
Enviado por admin o Dom, 10/11/2024 - 18:59
Xa están dispoñibles as mobilidades Erasmus+ para o profesorado do IES de Te
Enviado por admin o Ven, 01/11/2024 - 00:10
Ábrese o prazo da convocatoria para a realización de mobilidades de alumnado no estranxeiro no período comprendido entre abril e xuño de 2025. A convocatoria está dirixida ao alumnado de ciclos básicos, medios e superiores das familias profesionais de Imaxe Persoal e Informática.
Enviado por admin o Mar, 29/10/2024 - 11:59
O 11 de novembro comeza o Club de Ciencia do IES de Teis. Está dirixido a alumnado de ESO e de 1º de Bacharelato. As actividades poden ser propostas polo alumnado, aínda que temos as seguintes propostas:
- Equipo de robótica de competición.
- Deseño e construción dun altofalante bluetooth.
- Proxecto CANSAT.
O Club de Ciencia terá lugar os luns de 15:00 a 16:00 ou se fora necesario nos recreos do mércores.
Ampliamos o período de inscrición ata o día 7 de novembro, na aula Elena García (207).
ANIMÁDEVOS!!
Enviado por admin o Mar, 29/10/2024 - 12:07
O 17 e Outubro é a data utilizada para alzar a voz contra o acoso e violencia que sofren os membros do colectivo LGTBIQA+.
O alumnado LGTBI+ do IES de TEIS no acto realizado no salón de actos:
Hoxe reclámase que cada persoa poida manifestarse como queira. Reivindicamos a súa identidade. A nosa identidade. E dentro dela, o noso xénero, a nosa orientación sexual e toda a diversidade que nos dá forma e da que formamos parte. Homenaxeamos a todes aqueles que viñeron antes que nós e que en moitos casos marcharon antes do que debían. Ou sen saber quen eran.
Enviado por admin o Mar, 15/10/2024 - 21:38
Segundo RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.
Para tal efecto, constituirase a xunta electoral integrada polo;
Enviado por admin o Lun, 14/10/2024 - 22:27
Nos días 8, 9 e 10 de outubro, o profesorado e alumnado de Imaxe Persoal de IES de Teis acudiu a Pontevedra a montar e expoñer os seus traballos na Feira de ensino EDUGAL
Enviado por admin o Mar, 08/10/2024 - 20:01
O pasado xoves 3 de outubro tivo lugar no IES de Teis o noso ErasmusDay. Unha xornada orientada a dar a coñecer todo o relativo ao mundo Erasmus+ e en concreto as posibilidades coas que contamos no noso centro. Agradecer especialmente ao alumnado que compartiu as súas experiencias noutros países durante o curso pasado e tamén ao profesorado de ambas as dúas familias profesionais, á persoa experta convidada e as profesoras e os alumnos de 2º de ASIR que traballastes para que todo puidera saír segundo o previsto.
Está a vosa disposición a xornada completa na nosa canle de youtube.
Erasmus+ Mudando vidas, abrindo mentes!
Enviado por admin o Mar, 08/10/2024 - 19:49
A partir desta semana o Club de costura pasa para os recreos dos martes!
Enviado por admin o Mar, 08/10/2024 - 19:39
Asistencia de alumnado e profesorado de Informática ao evento PyConEs, a conferencia de Python máis importante de España, celebrado esta fin de semana, os días 5 e 6 de Outubro.
Enviado por admin o Mar, 08/10/2024 - 19:27
Tres alumnos de Informática do IES Teis, dos ciclos ASIR e SMR, gañan o II Reto Tecnolóxico de SATEC. Nesta edición competiron contra outros dez equipos de distintos puntos de España.
Parabéns!! ao alumnado premiado e as súas titoras
Enviado por admin o Mér, 02/10/2024 - 19:56
Hoxe 2 de outubro, tivo lugar en Santiago de Compostela, no Museo do Centro Gaiás, a Xornada de Acollida das docentes auxiliares de conversa, coa presenza do Conselleiro de Educación Román Rodríguez. As nosas profes Flor Currás, de inglés e Lidia Soutiño, de Francés tamén asistiron ao evento.
Enviado por admin o Mar, 01/10/2024 - 19:04
Os pasados días 24 e 25 de setembro a Coordinadora de Proxectos Internacionais do IES de Teis asistiu ás xornadas de formación "Jornadas de Movilidad Erasmus+ de Formación Profesional. Proyectos acreditados de movilidad de estudiantes y personal de Formación Profesional (KA121-VET)", organizadas polo SEPIE na cidade de Ceuta. Unha magnífica ocasión para coñecer as novidades do noso novo proxecto KA121 co que o noso alumnado de ciclos medios e básicos e o seu profesorado poderá realizar mobilidades no vindeiro curso. A maiores estas xornadas son perfectas para crear unha rede de centros, coñecer a outras persoas coordinadoras e aprender do que se fai noutros centros. Grazas pola magnífica experiencia!
Enviado por admin o Xov, 26/09/2024 - 10:50
Comezamos o curso e no Espazo Maker estamos desexando dar renda solta á vosa creatividade. Se estás interesado ou interesada, non dubides en pasar pola biblioteca, estarésmoste agardando!
Enviado por admin o Xov, 26/09/2024 - 10:37
Se che gustan os libros e pasar tempo entre eles, quizais che gustaría formar parte do noso equipo de voluntariado da biblioteca. Se cres que che pode interesar, pasa pola biblioteca e pídenos información.
Enviado por admin o Sáb, 07/09/2024 - 09:54
No IES de Teis temos entre a nosa oferta educativa a Ensinanza Secundaria para Persoas Adultas, que vai dirixida a persoas que non teñen o título da ESO. Contamos cos niveis III e IV. A ESA III abarca de setembro ata comezo de febreiro e a ESA IV desde febreiro a fin de curso.
Enviado por admin o Sáb, 07/09/2024 - 09:26
Son Lola Recarey, profesora no Ciclo Superior de Estética. O pasado mes de xuño participei nun programa Erasmus do noso centro, concretamente visitei Chipre. Alí tiven a oportunidade de coñecer as instalacións dunha fabulosa clínica, Bellisimo Clinic, en Lárnaca. O equipo recibeume marabillosamente e durante días compartimos coñecementos de cosmética e aparatoloxía, técnicas de tratamentos e diferentes experiencias laborais. A mobilidade foi moi gratificante e satisfactoria. Ademais , puden acadar varios contactos en diferentes cidades do país, para as prácticas no estranxeiro do noso alumnado. Unha experiencia moi recomendable.
Enviado por admin o Mér, 17/07/2024 - 09:42
Nova oferta en CICLOS DUAL de IMAXE PERSOAL no IES de Teis:
- ESTÉTICA INTEGRAL E BENESTAR
- ESTILISMO E DIRECCIÓN DE PERRUQUERÍA
Matricúlate!
Máis info aqui
Enviado por admin o Ven, 05/07/2024 - 10:21
O profesor Alejandro Vidal, do departamento de Informática, realizou en xuño unha mobilidade ao Laboratorio de Sistemas Autónomos da Universidade de Agder en Noruega, no marco do proxecto Erasmus+ KA131. Este grupo de vangarda especialízase na aplicación da Intelixencia Artificial para optimizar a comunicación con sensores e drons en situacións de emerxencia que se presentan en lugares remotos, con baixa visibilidade, temperaturas extremas ou outras condicións adversas.
Enviado por admin o Ven, 05/07/2024 - 09:55
Malta tiene su propio encanto, es un lugar lleno de historia, lleno de lugares increíbles, de buena comida, de gente de todas partes, un lugar lleno de belleza...
Nunca olvidaré la amabilidad de las personas y sus cálidas sonrisas, especialmente la sonrisa de mi jefa Kathleen a quien le estaré siempre agradecida por su hospitalidad y generosidad, también me gustaría mencionar a mi compañera de trabajo: Tamara, una gran mujer que animaba todas las mañanas a cualquiera con su gran sentido del humor y alegría. Por último, quisiera agradecer a las clientas y clientes que han valorado mi esfuerzo y trabajo y que me han hecho aprender con sus historias, anécdotas y consejos. Os llevaré siempre conmigo y os deseo lo mejor.
Estoy agradecida de haberlo vivido, sobre todo al lado de mi hermana, Saúl y Xurxo a quienes les cogí cariño a pesar de nuestras grandes diferencias. Mi aventura por Malta ha sido una maravillosa y enriquecedora experiencia, a todos aquellos que duden de si hacer o no un Erasmus los animo a que lo hagan, a que disfruten de la cultura de un país nuevo, de sus colores, comidas, paisajes, personas.... que disfruten de la belleza de un país nuevo por explorar.
María Carballo Alfaya 2° CM PCC
Enviado por admin o Ven, 21/06/2024 - 17:41
Me llamo Brian, soy del IES de Teis del 2º año de informática de oficina de formación profesional básica. Hice las prácticas en Braga (Portugal). Es una experiencia muy divertida, conocer lugares nuevos y tienes la oportunidad de estar 2 meses viviendo solo y aprendiendo a ser más responsable por ti mismo. Estuve en la empresa Techbase y mi experiencia con ellos fue muy buena, hay muy buen ambiente en la empresa y es muy cómodo llegar a ella. Aprendí como testear móviles y routers y como se instalan las aplicaciones necesarias en los aparatos electrónicos que usamos a diario. También cómo instalar una IA por comandos y muchas cosas más.
Mis compañeros de vivienda y personas que puedes ir conociendo mientras estás en esta actividad pueden hacer que se pase volando los 2 meses y que lo pases increíble.
Enviado por admin o Lun, 17/06/2024 - 18:55
Dentro do proxecto Erasmus de mobilidade KA121 as compañeiras do departamento de Imaxe Persoal, Mercedes Sías Trillo e Mercedes Pose Recarey, realizamos a estadía coa peluquería Hair Lobby, Lda en Cascais e coa Escola de FP, EFAPE de peiteado e estética en Lisboa.
No salón de peiteado Hair Lobby a primeira sesión foi contar como é Vigo, Galicia, o noso centro e intercambio de información dos respectivos sistemas educativos . Posteriormente recibimos formación dun protocolo completo da cosmética Secretos del Agua a cargo das súas delegadas técnicas para Portugal, de peiteado e estética.
Nos siguientes días observamos difentes traballos de peiteado e estética, asi como os diferentes departamentos. Visitamos outro salón de peiteado en Cascais da mesma empresa, coñecemos o seu funcionamento e o seu equipo de profesionais.
O noso proxecto de fomación continúa coa Escola de FP de Peiteado e estética EFAPE en Lisboa.
O primeiro foi compartir a información sobre os nosos respectivos centros educativos e coñecer o seu equipo directivo, profesorado, alumnado e instalacións.
Impartíronnos en sucesivos días un curso teórico-práctico de coloración capilar actual e un protocolo de tratamento corporal Detox de estética, coñecemos nova cosmética, tanto de peiteado como de estética. Compartimos formación co seu alumnado.
Tamén visitamos un salón de peiteado e estética en Lisboa que ten interese en acoller ao noso alumnado en prácticas.
Acadamos varios contactos de centros de FP de Imaxe persoal e de Informática, e varios salóns de peiteado e de estética para futuros intercambios co noso alumnado e profesorado.
Todas as persoas que formaron parte desta formación, nos acolleron con moita amabilidade e dedicación. Tratáronnos moi ben!
Por suposto coñecemos a marabillosa Lisboa e Cascais! As súas xentes encantadoras, a súa fala, cultura, museos e estupenda comida...
Foi unha experiencia moi positiva tanto a nivel profesional como persoal.
Volveremos! Portugal.
Enviado por admin o Lun, 17/06/2024 - 18:44
A pasada semana recibimos a visita de catro profesores da Business and Technology University de Xeorxia. Dous deles deron ao noso alumnado do curso de especialización de IA e Big Data cadansúa clase de Machine Learning. A primeira sobre Supervised Learning e a segunda sobre Reinforcement Learning. Fantástica experiencia. Grazas Lika e Mikheil polo voso bo facer.
Enviado por admin o Mar, 21/05/2024 - 16:56
Dentro do proxecto de mobilidade internacional KA171 do consorcio liderado polo IES de Teis, 8 membros da TSU (Tbilisi Sate University) de Xeorxia realizaron unha visita a nosa cidade durante a semana do 6 ao 10 de maio.
Nesta visita tiveron a oportunidade de coñecer as actividades académicas que se levan a cabo tanto na nosa institución coma na Universidade de Vigo. Así mesmo, os profesores Archil Elizbarashvili e Alexandre Gamkrelidze impartiron unhas charlas sobre Administración dos SO Linux e sobre conceptos básicos de Intelixencia Artificial, respectivamente, as cales tiveron unha gran acollida polo alumnado e o profesorado presente.
Por outra banda, aproveitando a súa estancia realizaron diferentes actividades e visitas culturais en Vigo e na súa contorna quedando gratamente sorprendidos pola beleza e cultura da nosa terra. Esperamos que esta visita poida ser o xerme de futuras colaboracións, tal como está sendo neste días coa a presencia de alumnado xeorxiano as actividades académicas levadas a cabo nas nosas aulas.
Enviado por admin o Mér, 01/05/2024 - 21:28
A semana do 15 de abril, dentro do noso proxecto Erasmus+ KA171 recibimos a visita de profesorado da Royal University of Bután, concretamente do Sherubtse College (Trashigang, Bután). O profesorado das ramas de Informática, Comercio e Comunicación tivo a ocasión de visitar as instalación do noso centro e interactuar co alumnado dos ciclos de informática para compartir con eles información sobre Bután, a súa cultura e educación.
O profesorado tivo tamén a ocasión de visitar outros centros educativos da contorna participantes no proxecto Erasmus+ así como de afondar no coñecemento do noso sistema educativo e da cultura galega.
Esta visita supuxo unha continuación da mobilidade levada a cabo polo noso profesorado en semanas anteriores e esperamos que sirva para estreitar lazos con esta institución para futuras colaboracións.
Enviado por admin o Lun, 29/04/2024 - 22:55
El pasado 19 de abril varios alumnos de 4º ESO participaron en la 7º competición de Robots de la Escuela de Ingeniería Industrial de la Universidad de Vigo.
El concurso tiene como objetivo promocionar las disciplinas STEM entre alumnado de la ESO, bachillerato e incluso FP.
En el concurso los dos equipos participantes tuvieron que resolver dos retos. El primero consistía en que el robot siguiera un camino marcado en el suelo del circuito por una cinta adhesiva blanca sorteando obstáculos y superando un badén trapezoidal y en la segunda prueba, los equipos tuvieron que programar al robot para dar 3 vueltas en un circuito circular sorteando varios obstáculos dispuestos en el circuito.
Sin duda, el alumnado participante ha disfrutado de una jornada de convivencia con multitud de equipos donde pudieron compartir experiencias de una forma práctica y divertida familiarizándose con la programación robótica.
Por otro lado, debemos felicitar a los equipos participantes ya que a pesar de la complejidad técnica han conseguido resolver los retos propuestos consiguiendo además, uno de los equipos, llegar a a final de la competición, quedando así entre los 15 mejores equipos participantes. El otro equipo se quedó a las puertas de llegar a la final por unas décimas de segundo en los resultados de las pruebas. Por lo tanto, los resultados han sido todo un éxito para el alumnado del instituto.