Enviado por admin o Dom, 10/11/2024 - 19:15
O alumnado de francés participou na sesión de Conte avec moi o pasado 30 de outubro. Puideron interactuar nas narracións de Samuel Mountoumnjou, nado en Camerún. Coma sempre, un pracer ter a Samuel no noso centro cos seus contos cheos de cor e diversión e que tamén invitan a pensar xa que falan de valores como a honestidade ou a tolerancia.