Título que se obtén
Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria
Réximes nos que se imparte
- Ordinario:
-
- Luns a venres de 9:00 a 14:30 e o luns de 16:00 a 17:40.
Que é a ESO?
A Educación Secundaria Obligatoria (ESO) é unha etapa educativa obrigatoria e gratuíta que completa a educación básica. Consta de catro cursos académicos que realizaranse ordinariamente entre os 12 e os 16 años de idade.
Organizase de acordo cos principios de educación común e de atención á diversidade do alumnado. Presta especial atención na orientación educativa e profesional.
Ten como finalidade:
- Lograr que todos adquiran os elementos básicos da cultura: humanísticos, artísticos, científicos e tecnolóxicos.
- Desenvolver e consolidar hábitos de estudio e de traballo.
- Preparar ó alumnado para a incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral.
- Formar a todos para o exercicio dos dereitos e obrigacións na vida como cidadáns.
Un alumno/a poderá repetir un máximo de dous cursos e permanecer, en réxime ordinario, ata os dezaoito años de idade cumpridos no ano no que finalice o curso.
Duración
Estas ensinanzas teñen unha duración de 4 cursos académicos (1º ESO, 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO).
Cursos e grupos no IES Teis
A continuación móstrase o número de grupos de cada un dos cursos
Curso | Número de grupos |
1º ESO | 2 |
2º ESO | 2 |
3º ESO | 2 |
4º ESO | 2 |
Idiomas
- O alumnado pode participar no Programa CUALE.
Integración das TIC
O IES de Teis está integrado no proxecto Abalar dende o curso 2010-2011 (máis información).