17 outubro día do Espíritu LGTBIQA+
Enviado por admin o Mar, 29/10/2024 - 12:07
O 17 e Outubro é a data utilizada para alzar a voz contra o acoso e violencia que sofren os membros do colectivo LGTBIQA+.
O alumnado LGTBI+ do IES de TEIS no acto realizado no salón de actos:
Hoxe reclámase que cada persoa poida manifestarse como queira. Reivindicamos a súa identidade. A nosa identidade. E dentro dela, o noso xénero, a nosa orientación sexual e toda a diversidade que nos dá forma e da que formamos parte. Homenaxeamos a todes aqueles que viñeron antes que nós e que en moitos casos marcharon antes do que debían. Ou sen saber quen eran.