Enviado por admin o Sáb, 25/05/2024 - 18:27
Aproveitando que o 17 de maio foi o Día Internacional contra a homofobia, transfobia e bifobia, no IES de Teis colocouse no mes de maio un punto arco iris permanente, xunto ao punto lila, para que o colectivo LGTBI teña un espazo asignado e darlle así visibilidade dentro do centro e reivindicar a igualdade de dereitos e sensibilizar sobre a discriminación á que está sometido o colectivo.
Esperamos que vos guste! Dentro do punto arco iris tamén hai expostos libros da biblioteca que se poden coller para préstamo!