Título que se obtén
Bacharel (Bachiller en español)
Réximes nos que se imparte
- Ordinario:
-
- Luns, Mércores e Venres: 09:00 a 14:30; Martes e Xoves: 08:10 a 14:30
Que é o Bacharelato?
O bacharelato forma parte da educación secundaria postobrigatoria e, polo tanto, ten carácter voluntario. Consta de dous cursos académicos que realízanse ordinariamente entre os 16 e 18 anos de idade. Desenvólvese en modalidades diferentes, organízase de xeito flexible e, se é o caso, en distintas vías.
Ten como finalidade:
- Proporcionar ós estudantes formación, madurez intelectual e humana, coñecementos e habilidades que lles permitan desenvolver as funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia.
- Ofrecer ós alumnos e alumnas unha preparación especializada, acorde coas suas perspectivas e intereses de formación, que lles permita acceder á educación superior.
As actividades educativas no bacharelato favorecerán a capacidade do alumnado para aprender por el mesmo, para traballar en equipo e para aplicar os métodos de investigación apropiados.
Aqueles que cursen satisfactoriamente o bacharelato en calquera das súas modalidades recibirán o título de Bacharel, que terá efectos laborais e académicos.
Duración
Estas ensinanzas teñen unha duración de 2 cursos académicos (1º Bacharelato e 2º Bacharelato).
Modalidades de bacharelato no IES Teis
- Ciencias
- Humanidades e Ciencias Sociais
Idiomas
- O alumnado pode participar no Programa CUALE.