Enviado por admin o Ven, 05/07/2024 - 10:21
O profesor Alejandro Vidal, do departamento de Informática, realizou en xuño unha mobilidade ao Laboratorio de Sistemas Autónomos da Universidade de Agder en Noruega, no marco do proxecto Erasmus+ KA131. Este grupo de vangarda especialízase na aplicación da Intelixencia Artificial para optimizar a comunicación con sensores e drons en situacións de emerxencia que se presentan en lugares remotos, con baixa visibilidade, temperaturas extremas ou outras condicións adversas. O noso compañeiro colaborou no desenvolvemento dunha aplicación que permitirá recopilar datos dende teléfonos móbiles para a súa análise con estes obxectivos. Ademais, participou na creación deste vídeo informativo que divulga a labor do grupo de investigación:
A mobilidade tamén incluíu unha visita á Fagskolen i Agder, unha escola de Formación Profesional, na que se estudaron as diferenzas e similitudes entre os sistemas educativos de Noruega e España. Esta experiencia brindou unha valiosa perspectiva para enriquecer a práctica docente no noso centro.
Agradecemos profundamente a hospitalidade e o compromiso de ambas institucións, a Universidade de Agder e a Fagskolen i Agder. Confiamos en que esta colaboración tan fructífera sexa o inicio dun camiño cara a futuros proxectos de intercambio e aprendizaxe mutuo.
No IES de Teis apostamos pola innovación, a colaboración internacional e a formación de profesionais de primeiro nivel!