Como no inicio deste curso xa hai convocadas algunhas folgas de estudantes queremos comentarvos o seguinte:
-Cando nos chega ao correo do centro a comunicación dunha convocatoria de folga simplemente reenviamos ese correo aos representantes de alumnado no Consello Escolar.
- O alumnado de 1º e 2º da ESO non ten recoñecido o dereito á folga.
- Ten recoñecido o dereito á folga o alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato.
Procedemento:
Adxunta a esta entrada tedes o documento que se ha de presentar como xustificante, pódese descargar e cubrir para entregar ao titor/a ou deixalo na secretaría do centro
O alumnado que queira acollerse ao seu dereito á folga ten que comunicalo para:
- Confirmar que a súa familia é coñecedora (a maioría son menores de idade).
- Poder xustificar as faltas dese día.
O que se pretende é que o alumnado exerza este dereito responsablemente e de xeito ordenado.
Aquí tedes máis información da convocatoria:
- https://www.pontevedraviva.com/xeral/107189/cgt-pontevedra-palestina-folga-xeral-manifestacion/
- https://www.sindicatodeestudiantes.net
Un saúdo,
A Xunta directiva.
Anexo | Tamaño |
---|---|
COMUNICACIÓN ASISTENCIA A FOLGA ALUMNADO.pdf | 235.28 KB |