Publicouse a convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022-2023 para o alumnado que vaia cursar ensinanzas postobrigatorias. Isto afecta a todo ao alumnado que vai cursar estudos de BACHARELATO ou FP (graos medio e superior) o próximo curso, así como os que van acceder á Universidade.
Prazo de solicitude Bolsas MEC: do 30 de marzo ao 12 de maio. Ampliación: até o 16 de maio.
É necesario que pidas a bolsa neste prazo, aínda que non se abrira o período de matrícula nos estudos que che interesan, non saibas o que vas estudar ou mesmo non saibas con seguridade se vas estudar ou non. Se cres que cumpres os requisitos, é importante que fagas a solicitude: pon os estudos máis probables e cara a setembro poderás cambialos.
Aquí podes ver todos os requisitos que tes que cumprir para ter dereito a recibir a bolsa (requisitos xerais, económicos e académicos).
A solicitude preséntase en liña, a través da páxina web do Ministerio, onde podes consultar toda a información.
- Primeiro e segundo curso de Bacharelato.
- Formación Profesional de grao medio e de grao superior.
- Ensinanzas artísticas profesionais.
- Ensinanzas deportivas.
- Estudos de idiomas en Escolas Oficiais.
- Ensinanzas artísticas superiores.
- Estudos relixiosos superiores.
- Estudos militares superiores.
- Cursos de preparación para probas de acceso á FP impartidos en centros públicos e privados concertados.
- Formación Profesional Básica.
- Ensinanzas universitarias.
Bolsas para alumnado con NEAE: aínda non sabemos o prazo, pero é posible que se adianten tamén este curso, polo que, se é o caso, lembra solicitar o certificado de Discapacidade, e entregar no Dpto. de Orientación esta e calquera outra información actualizada.
Anexo | Tamaño |
---|---|
extracto bolsas mec.pdf | 174.16 KB |