Skip to Content

Blogues

Protocolo de actuación

 

Ante situacións de ciberacoso será de aplicación o establecido no protocolo de acoso escolar que se desenvolve neste documento, para o que se terán en consideración as seguintes particularidades:

  • É imprescindible conservar as probas do ciberacoso durante todo o tempo, sexa cal fose a forma na que se manifeste. Para esta conservación poderán capturarse pantallas en modo imaxe e vídeo, imprimir páxinas, copiar ficheiros... aspecto que deberá realizarse antes de iniciar calquera actuación coa posible persoa agresora ou persoas agresoras.

  • Tratar de identificar as posibles persoas autoras do ciberacoso (atopar o seu enderezo IP, acudir a especialistas en informática e ás forzas e corpos da seguridade do Estado), pero, en todo caso, sen lesionar os dereitos de ningunha persoa.

  • Contactar coa compañía do medio empregado para cometer o acoso (compañía de teléfono, propietario do dominio ou sitio web etc.) coa finalidade de coñecer o procedemento que cómpre seguir para obter a información necesaria.

  • Se é o caso, denunciar o acoso ás forzas e corpos de seguridade do Estado que dispoñen de unidades de delitos informáticos (Policía Nacional, Garda Civil e Policía Autonómica).

  • Todas estas accións deberán estar enmarcadas na máis absoluta discreción e confidencialidade.

Protocolo de actuación

 

Ante situacións de ciberacoso será de aplicación o establecido no protocolo de acoso escolar que se desenvolve neste documento, para o que se terán en consideración as seguintes particularidades:

  • É imprescindible conservar as probas do ciberacoso durante todo o tempo, sexa cal fose a forma na que se manifeste. Para esta conservación poderán capturarse pantallas en modo imaxe e vídeo, imprimir páxinas, copiar ficheiros... aspecto que deberá realizarse antes de iniciar calquera actuación coa posible persoa agresora ou persoas agresoras.

  • Tratar de identificar as posibles persoas autoras do ciberacoso (atopar o seu enderezo IP, acudir a especialistas en informática e ás forzas e corpos da seguridade do Estado), pero, en todo caso, sen lesionar os dereitos de ningunha persoa.

  • Contactar coa compañía do medio empregado para cometer o acoso (compañía de teléfono, propietario do dominio ou sitio web etc.) coa finalidade de coñecer o procedemento que cómpre seguir para obter a información necesaria.

  • Se é o caso, denunciar o acoso ás forzas e corpos de seguridade do Estado que dispoñen de unidades de delitos informáticos (Policía Nacional, Garda Civil e Policía Autonómica).

  • Todas estas accións deberán estar enmarcadas na máis absoluta discreción e confidencialidade.

Tipos de ciberacoso

 

Tipos de ciberacoso

O ciberacoso pode concretarse en:

    • Fustrigamento: cando se envían imaxes ou vídeos denigrantes sobre unha persoa, virus informáticos, mensaxes ameazantes…

    • Exclusión: cando se usan contornos públicos para mandar comentarios despectivos ou rumores difamatorios co fin de provocar unha resposta expansiva, cando se lle nega o acceso a foros ou plataformas sociais á vítima…

    • Manipulación: cando se utiliza información para difundila de xeito inapropiado entre os membros das redes sociais, cando se accede coa clave doutra persoa e se realizan accións que poden prexudicala no seu nome…

Unha vez que se verificou unha posible situación de ciberacoso, o centro educativo deberá traballar de xeito inmediato e simultáneo en tres liñas de actuación: valoración, comunicación e accións de protección

Ciberacoso

 

O ciberacoso ou ciberbullying é o uso das redes sociais, correo electrónico, blogs e outros ámbitos das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) en prexuízo dunha ou máis persoas, ou da súa imaxe pública.

Criterios de identificación do ciberacoso

O ciberacoso caracterízase polos seguintes aspectos:

  • A situación perdura no tempo. Quedan excluídas as accións puntuais que, aínda que puidesen ser un delito, non constitúen ciberacoso.

  • Adoita existir contacto ou relación previa no mundo físico entre vítima e persoa ou persoas acosadora/s.

  • Existe intención de causar dano, aínda que non sempre se dá nos primeiros estadios do proceso.

  • Realízase mediante o emprego de medios TIC. Pode tratarse de internet ou calquera dos servizos asociados: teléfono móbil, redes sociais, plataformas de difusión de contidos, foros, blogs…

Medidas reeducadoras e correctoras para a/s persoa/s agresora/s.

 

Medidas reeducadoras e correctoras para a/s persoa/s agresora/s unha vez instruído o expediente e confirmado o acoso.

  • Medidas reeducadoras para a/s persoa/s agresora/s. Como actuacións complementarias ás medidas correctoras concluídas logo do oportuno expediente, é preciso desenvolver coa persoa ou persoas agresora/s medidas reeducadoras coma as seguintes:

    • Elaboración por parte do departamento de orientación de cada centro docente dun programa de habilidades sociais.

    • Desenvolvemento de procedementos conciliados para a resolución de conflitos. A opción pola conciliación suspende o inicio do procedemento de corrección da conduta, que se retomará no caso de que a conciliación sexa infrutuosa.

    • Formación de equipos de mediadores.

    • Formación específica sobre as consecuencias da conduta: pedirlle perdón á vítima, participar en programas de mediación, traballos escritos de reflexión e concienciación sobre os feitos, as súas consecuencias e o xeito de compensar os danos.

    • Desenvolvemento da capacidade de empatía, poñernos no lugar do outro. Os agresores poden coñecer as emocións que sente a vítima, amosan empatía cognitiva, pero non son capaces de compadecerse, non amosan empatía emocional (sentir cos demais).

    • Programas de modificación de conduta, axuda personalizada, desenvolvemento persoal, comportamentos prosociais, estratexias de resolución de conflitos con solucións alternativas á agresión...

    • Solicitude de colaboración familiar para a vixilancia e control dos seus fillos e fillas.

    • Derivación a servizos especializados externos para abordar tratamentos específicos, se procede.

  • Medidas correctoras para a/s persoa/s agresora/s. Unha vez confirmada a existencia de indicios suficientes da situación de acoso, requirirase da tramitación do oportuno expediente segundo as instrucións e procedementos establecidos con carácter xeral.

Medidas urxentes de protección á presunta vítima

 

Medidas urxentes de protección á presunta vítima

Debe primar sempre o interese da presunta vítima sobre calquera outra consideración.

Entre estas medidas urxentes poderán adoptarse as seguintes:

    • Vixilancia específica das persoas indicadas.

    • Supervisión e vixilancia naqueles lugares onde poida producirse o suposto acoso.

    • Medidas cautelares que impidan o contacto entre a suposta vítima e a persoa ou persoas causante/s da posible situación de acoso.

    • Comunicación e solicitude de colaboración ás familias do alumnado implicado.

    • Asignación dunha persoa responsable de atención e apoio á presunta vítima.

Comunicacion do acoso

 

Comunicación sobre unha posible situación de acoso escolar (anexo 1)

Calquera membro da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias, persoal non docente) que teña coñecemento ou sospeitas, por calquera medio, dunha situación de acoso sobre algún alumno ou alumna, ten a obrigación de poñelo en coñecemento da persoa ou persoas directamente responsables do menor no centro educativo, quen lle trasladará a información ao director ou directora. É imprescindible coidar a confidencialidade e a discreción nos procesos de comunicación.

Esta primeira comunicación da situación poderá facerse de diferente forma, dependendo da persoa que sexa coñecedora desta:

    • Alumnado: aula de titoría, comunicación verbal a un adulto, caixa de reclamacións, queixas e suxestións do centro.

    • Familia: atención de titoría a pais/nais, comunicación verbal ao profesorado do centro ou á persoa responsable da dirección, caixa de reclamacións, queixas e suxestións do centro.

    • Profesorado: comunicación á persoa titora do alumnado implicado e/ou á persoa responsable da dirección.

    • Persoal de administración e servizos: comunicación ao titor do alumnado implicado e/ou á persoa responsable da dirección.

    • Persoas alleas ao centro: comunicación directamente á persoa responsable da dirección.

A continuación, rexistrarase de forma escrita a comunicación desta posible situación de acoso escolar mediante o emprego do anexo 1.

En calquera caso, o receptor ou receptora da información sempre informará o director ou directora ou, na súa ausencia, a algún membro do equipo directivo.

Acoso. Criterios identificacion acoso

 

Criterios de identificación do acoso escolar

Para poder considerar un comportamento como acoso escolar, deben cumprirse tres criterios diagnósticos, que deben darse simultaneamente, prescindindo da personalidade da posible vítima.

Os criterios son:

  • A existencia de intención de facer dano.

    • Debe existir unha vítima concreta, indefensa e unha persoa agresora que lle fai dano conscientemente.

  • A repetición das condutas agresivas.

    • A agresión crea na vítima a expectativa de poder ser branco de ataques novamente.

    • Existencia dunha acción agresiva repetida, durante un período longo de tempo e de forma recorrente. Os comportamentos de abuso preséntanse reiteradamente no tempo.

    • É un tipo de violencia difícil de identificar debido a que o acoso case sempre permanece oculto para as persoas adultas, mentres que o alumnado ten coñecemento dos sucesos.

  • A duración no tempo.

    • Establecemento dun esquema de abuso de poder desequilibrado entre a vítima e a persoa agresora ou persoas agresoras.

    • Presenza de desigualdade de poder (desequilibrio de forzas) entre a persoa máis forte e a persoa máis débil. É unha situación desigual, de indefensión para a vítima. Hai un desequilibrio e un abuso de poder que impide que a persoa acosada poida saír por si mesma da situación.

       

PROTOCOLO DE ATENCIÓN EDUCATIVA DOMICILIARIA

ASPECTOS CLAVE DO PROTOCOLO DE ATENCIÓN EDUCATIVA DOMICILIARIA.


    2.3 Persoas destinatarias.

Será destinatario desta atención, de acordo co establecido no Decreto 229/2011, do 7 de decembro,
polo   que   se   regula   a   atención   á   diversidade   do   alumnado   dos   centros   docentes   da   Comunidade
Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de
maio, de educación, o alumnado que curse ensinanzas de réxime xeral en modalidade presencial en
centros sostidos con fondos públicos que deba permanecer convalecente no domicilio, por prescrición
médica,   por   un  período  de   tempo  superior   a   un  mes.   Igualmente,   será   obxecto   desta   atención   o
alumnado que padeza algunha enfermidade crónica que sexa a causa de faltas de asistencia ao centro
de seis ou máis días continuados ao mes dentro dun período mínimo de seis meses. En todos os casos
contarase co preceptivo informe médico.

    3. Outras escolarizacións excepcionais por motivos de saúde.

Para aquel alumnado que, por motivos de saúde, non poida asistir ao centro educativo por un
período de tempo continuado menor ao requirido para a solicitude de atención educativa
domiciliaria, o equipo docente correspondente (coordinado polo profesorado titor) elaborará
unha proposta de actividades educativas. Esa proposta entregaráselle á nai, ao pai ou ás
persoas titoras legais ou gardadoras dese alumnado, para a súa realización pola alumna ou
polo alumno e posterior devolución ao mesmo equipo.
A medida recollida no apartado anterior aplicarase, igualmente, a aquel alumnado que, por
motivos de saúde, só poida asistir ao centro educativo unha parte da xornada escolar e nun
tempo continuado superior aos cinco días lectivos.
O alumnado ao que se refire este artigo contará co debido informe médico. Ese alumado
considerarase escolarizado a todos os efectos e as ausencias ao seu centro docente durante
ese período de tempo, referidas no dito informe, entenderanse todas xustificadas.


    2.4 Procedemento de solicitude de atención educativa domiciliaria.

A  incorporación   do   alumnado   ao   programa   de  Atención   Educativa   Domiciliaria   farase
mediante   autorización   da   Xefatura   Territorial   correspondente,   a   instancia   da   familia   e
segundo o procedemento seguinte:

1.
Solicitude da nai, do pai ou das persoas titoras legais ou gardadoras do alumnado á
dirección   do   centro   docente   (Anexo   I),   acompañada   do   correspondente   informe   dos
servizos médicos (Anexo II), no que debe constar, entre outros aspectos, a previsión
aproximada do tempo no que a alumna ou o alumno deberá convalecer no domicilio e o
tempo da revisión desa previsión, así como, cando sexa posible, a conveniencia ou non
de continuar o proceso formativo no domicilio durante a convalecencia.
2.
Elaboración   dun   informe   polo   profesorado   titor   (Anexo   III),   no   que   consten,   cando
menos, os resultados das avaliacións parciais da alumna ou do alumno, a aplicación, se é
o caso, doutras medidas de atención á diversidade e calquera outra información relevante
do seu proceso de ensino e aprendizaxe. No caso de alumnado con necesidade específica
de   apoio   educativo   xuntarase   informe   psicopedagóxico   elaborado   pola   xefatura   do
Departamento de Orientación.
3.
Traslado á Xefatura Territorial correspondente (Anexo IV) dos documentos referidos nos
apartados anteriores, por parte da dirección do centro docente nun prazo máximo de
cinco días lectivos desde a recepción da solicitude. De xeito paralelo, darase traslado á
inspección   educativa   correspondente   dunha   copia   destes   documentos.   Esta
documentación adiantarase á Xefatura Territorial por medios telemáticos.
4.
A   resolución   sobre   a   solicitude   de   atención   educativa   domiciliaria   corresponde   á
Xefatura Territorial, previo informe do Servizo de Inspección Educativa. Esa resolución,
que concretará a asignación horaria, a duración desa atención e as condicións para a súa
continuidade, comunicarase ao centro docente nun prazo máximo de
cinco días hábiles desde   a   recepción   da   solicitude.   O   centro   docente   dará   traslado   inmediato   desta
resolución á nai, ao pai ou ás persoas titoras  legais ou gardadoras da alumna ou do
alumno.

    2.5 Programa individualizado de atención educativa domiciliaria.

A atención educativa domiciliaria axustarase a un programa individualizado no que se farán
constar os aspectos curriculares, metodolóxicos, organizativos, de coordinación, seguimento,
temporización   e   revisión   periódica   que   garantan   a   adecuación   ás   circunstancias   do
alumnado.
O   profesorado   da   atención   educativa   domiciliaria   elaborará   o   programa   individualizado
(Anexo V) que se vai desenvolver durante o período ou períodos de convalecencia a partir
da   programación   do   correspondente   ciclo   ou   curso,   facilitada   polo   profesorado   titor   da
alumna   ou   do   alumno,   e   en   coordinación   con   este   e   co   asesoramento   da   xefatura   do
Departamento de Orientación.
O   programa   individualizado   centrarase   no   mantemento   e   desenvolvemento   das
competencias   clave   e   das   materias   instrumentais   que   garantan   o   axeitado   retorno   á
actividade educativa  cotiá, garantindo que isto  non interfira no proceso de recuperación
física do alumnado, e contará, no seu caso, co apoio do profesorado especialista que atende
ao alumno ou á alumna no centro docente.
 Este programa tamén establecerá as condicións
de   recuperación   dos   elementos   curriculares   que,   por   calquera   razón,   non   poidan   ser
abordados de xeito efectivo mediante a atención domiciliaria.

    2.7 Seguimento.

O profesorado que realice a atención educativa domiciliara informará ao centro docente da
alumna  ou  do alumno  do desenvolvemento  desta  atención,  de acordo  co  establecido  na
temporización do programa individualizado. En calquera caso, elaborará, como mínimo, un
informe mensual e/ou previo a cada avaliación.
Cando   a   dita   atención   educativa   domiciliaria   remate,   o   profesorado   que   a   realizou
entregaralle ao centro docente un informe final (Anexo VI).
O profesorado da atención educativa domiciliaria facilitaralles  ás familias a información
sobre   o   proceso   educativo   dos   seus   fillos   ou   fillas,   potenciando   a   súa   implicación   e
colaboración, na medida das súas posibilidades. Así mesmo, deberá cubrir unha folla de
rexistro   semanal   de   incidencias   (Anexo   VII).   Este   rexistro   entregaráselle   á   xefatura   de
estudos do centro docente ao que está adscrito.
O   alumnado   autorizado   para   recibir   atención   educativa   domiciliaria   considerarase
escolarizado a todos os efectos, polo que as ausencias ao seu centro docente durante ese
período de tempo entenderanse todas xustificadas.

    2.8 Avaliación.

A avaliación do alumnado con atención educativa domiciliaria e as decisións de promoción
e  titulación,  de  ser o  caso,  serán competencia  e  responsabilidade  do equipo docente  do
centro docente no que está matriculado, segundo o establecido na normativa xeral da etapa
correspondente.
Cando a situación de convalecencia do alumno ou da alumna se prolongue no tempo máis
alá   dun   curso   académico,   estudarase   a   aplicación   doutras   medidas   extraordinarias   de
atención á diversidade establecidas con carácter xeral, como pode ser a flexibilización do
período de escolarización.

    2.10 Familias.

As familias colaborarán co centro docente de referencia e co profesorado asignado para
conseguir que o alumno ou alumna poida acadar as aprendizaxes previstas  no programa
individualizado e asinaran un documento de atención educativa domiciliaria (Anexo VIII).
Igualmente,   proporcionarán   a   información   que   demanden   tanto   o   centro   docente   de
referencia como o profesorado asignado ou a Administración educativa.
As familias trasladarán calquera información relevante sobre a evolución do alumnado ao
centro de referencia para que,
no seu caso,
 se adapte a resposta educativa.
A nai, o pai ou as persoas titoras legais ou gardadoras dese alumnado garantirán a presenza
no domicilio dun familiar ou dunha persoa adulta proposta pola familia, responsable durante
o  tempo   de  intervención   do  profesorado.  Cando, 
por  causas   debidamente  xustificadas  e
sempre de xeito puntual, isto non sexa posible,
o alumnado non poderá recibir esta atención,
polo que a familia deberá comunicarllo coa debida antelación ao profesorado asignado.
Así mesmo, a familia proporcionará un lugar e condicións axeitadas no domicilio para levar
a cabo o traballo de atención educativa.

    2.11 Supervisión.

A supervisión da atención educativa domiciliaria será realizada polo Servizo de Inspección
Educativa correspondente.
Mensualmente   as   Xefaturas Territoriais reportaran á   Dirección   Xeral   de   Educación,
Formación Profesional e Innovación Educativa informe sobre os casos atendidos dentro do
programa de Atención Domiciliaria e as súas características.

PROTOCOLO TDAH: Da motivación, autoestima e mellora da conduta

Estratexias para mellorar a motivación e a autoestima. Débese:

•     Fomentar unha relación positiva entre o alumnado e o profesorado.
•     Coñecer o seu estilo de aprendizaxe, as súas capacidades, as súas preferencias e motivacións.
•     Ofrecerlle ao alumno experiencias de éxito, e reforzarase calquera pequeno logro na aprendizaxe e/ou na conduta.
•     Ofrecerlle confianza e expectativas positivas, facéndolle correccións respecto á súa tarefa e achegando propostas de mellora.
•     Axudarlle a coñecer e a manexar as súas emocións (baixa tolerancia á frustración, dificultades para atrasar a gratificación).
•     Evitar avaliar sempre negativamente e proxectar expectativas de éxito.

Estratexias para controlar e mellorar a conduta. Como o obxectivo é aumentar os comportamentos axeitados e diminuír os comportamentos inadecuados, deben cambiarse os antecedentes e as consecuencias para que o comportamento da nena ou do neno cambie, o que supón comprender as características do TDAH. Hai que amosar unha actitude tolerante, flexible e paciente, e o profesorado debe actuar como un modelo de conduta reflexiva para o alumnado. Pódense utilizar como criterios xerais de manexo da conduta os seguintes:


•     O reforzo positivo de condutas adecuadas ou aproximacións.
•     Evitar as recriminacións verbais, corrixir en privado e felicitar en público.
•     Ignorar os comportamentos de chamadas de atención que non son moi molestos.
•     Permitir momentos de descanso, como levantarse, borrar o encerado, repartir cadernos.
•     Utilizar puntos para conseguir premios ou incentivos.
•     Establecer consignas non verbais co alumnado para advertilo do incumprimento dalgunha norma.
•     Evitar a acusación, ridiculización, etiquetaxe moral ou estigmatización.
•     Anticiparse e prever situacións que poidan presentar problemas.
•   Realizar entrevistas periódicas individuais co alumnado sobre o seguimento e motivación da conduta e sobre o seu traballo.
•     Favorecer que os demais xoguen con el/ela e que os ignoren cando se portan mal.
•     Facer contratos de conduta adaptados á idade do alumnado.

Estratexias para mellorar a reflexividade. Pódese:

•     Ensinar técnicas útiles para a mellora no funcionamento cognitivo e no control da atención.
•     Proporcionar estratexias de memorización.
•     Ensinar estratexias diferentes para un mesmo problema, co fin de aprender a xeneralizar.
•    Fomentar o traballo en grupo, xa que a cooperación mellora as estratexias analíticas e a conduta.
•    Non presentar actividades con límite rigoroso de tempo, o que favorece a impulsividade e a tendencia a “saír do paso”.
•     Proporcionar axuda para o repaso e a autoavaliación.

•   Entrevistas regulares entre o profesorado e a familia. A evolución positiva do alumnado dependerá da actuación do profesorado e do apoio da súa propia familia. Cómpre establecer entrevistas periódicas do profesorado titor coa familia (aconsellable cada 2 ou 3 semanas) para intercambiar información sobre os progresos nos planos académico, social e emocional, así como sobre as dificultades atopadas e as estratexias compartidas para superalas.

•    Comprensión do proceso de aceptación do problema por parte da familia. En ocasións, o profesorado manifesta que a familia non acepta o problema da súa filla/o. Neste caso, o papel do profesorado é o de acompañar e axudar, e tamén de poñer a disposición da familia e do alumnado todo o saber e as medidas educativas necesarias.

•  Compartir responsabilidades na aula. Pódense aproveitar os materiais para lle dar responsabilidades sobre o seu coidado e utilización: repartir, recoller, ordenar, facer fotocopias, borrar o encerado. Ao mesmo tempo, esas accións permítenlle moverse de vez en cando e descansar para poder recuperar a atención.

Técnicas de modificación de conduta. Utilízanse para favorecer o cambio de comportamento a través dunha serie de estratexias. Con elas preténdese reducir ou eliminar as condutas problemáticas e fortalecer as condutas adecuadas. As máis eficaces no tratamento do TDAH son:

•    Técnicas para incrementar a conduta desexada, como o reforzo positivo e a economía de fichas.
•   Técnicas para reducir as condutas non desexadas, como retirar a atención diante dunha conduta inadecuada, reforzar condutas alternativas, privalo de obter reforzamento etc.

•    Outras técnicas para a mellora cognitiva. A mellora nos procesos cognitivos favorécese coa exercitación en:
•     Autoinstrucións.
•     Solución de problemas.
•     Autoobservación.
•     Atribución adecuada dos éxitos e dos fracasos.
•     Habilidades sociais.

Estratexias de intervención nas dificultades específicas da aprendizaxe. Hai que atender o posible atraso escolar que pode asociarse ao TDAH, polo que debe prestarse especial atención ao tratamento da lectura, da comprensión escrita, da expresión escrita, da numeración, do cálculo e da resolución de problemas matemáticos.

Distribuir contido


by Dr. Radut