I PLAN DE ACTUACIÓNS PARA A IGUALDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS DE GALICIA
O I Plan de Igualdade galego no ámbito educativo pon a coeducación e a convivencia escolar na axenda da Administración educativa para o período 2016-2020. De acordo co marco legal e coa finalidade de dar resposta aos retos que en materia de igualdade e de prevención de violencia de xénero ten o sistema educativo na actualidade, este I Plan estrutúrase en 6 eixes de actuación subdivididos en obxectivos e medidas de actuación.
Eixe 1
O propósito deste eixe é afondar no modelo coeducativo e introducir a perspectiva de xénero nas súas dinámicas, tendo como obxectivos destacados garantir a integración transversal da incorporación da perspectiva de xénero e do principio de igualdade de oportunidades na documentación organizativa dos centros educativos, visibilizando boas prácticas e intensificando a formación do profesorado para o tratamento da diversidade de xénero e afectivo sexual, entre outros. Estrutúrase en 5 obxectivos e comprende un total de 18 medidas, algunhas das cales
teñen aplicación nos diferentes obxectivos do eixe.
Obxectivos
1.1.Garantir a integración transversal da incorporación da perspectiva de xénero e do principio de igualdade de oportunidades na documentación organizativa dos centros educativos.
1.2. Facilitar o desenvolvemento do traballo en rede e visibilizar as boas prácticas coeducativas dos centros de ensino, especialmente no que se refire á conciliación e á corresponsabilidade.
1.3. Fomentar a elaboración, elección e uso de materiais didácticos inclusivos e coeducativos
1.4. Intensificar a formación do profesorado para o tratamento da diversidade afectiva e sexual no ámbito educativo.
1.5.Promover a participación e implicación das familias no traballo coeducativo.
Eixes, obxectivos e medidas
Obxectivo 1.1.Garantir a integración transversal da incorporación da perspectiva de xénero e do principio de igualdade de oportunidades na documentación organizativa dos centros educativos.
Medidas
• M1. Elaborar orientacións para a valoración de materiais didácticos desde o punto de vista da perspectiva de xénero.
• M2. Revisar materiais didácticos vinculados a programas e proxectos educativos co fin de garantir a perspectiva de xénero.
• M3. Difundir a táboa de avaliación de materiais didácticos desde o punto de vista da perspectiva de xénero entre a comunidade educativa.
• M4. Elaborar unha publicación divulgativa para o profesorado para difundir os principios da coeducación, da igualdade e da educación afectiva e sexual na comunidade educativa.
• M5. Realizar accións informativas con recomendacións sobre aspectos de organización e planificación nos centros desde o respecto e a integración da igualdade.
• M6. Fornecer pautas para a revisión dos documentos internos do centro para explicitar as medidas reeducativas e reparadoras aplicables no caso de condutas contrarias á convivencia por razón de xénero.
• M9. Incluír a perspectiva de xénero e o principio de igualdade no curso de formación inicial do novo persoal funcionario docente.
Obxectivo 1.2. Facilitar o desenvolvemento do traballo en rede e visibilizar as boas prácticas coeducativas dos centros de ensino, especialmente no que se refire á conciliación e á corresponsabilidade.
Medidas
• M7. Crear un espazo web dentro do portal educativo para difundir a información en materia de igualdade de interese para a comunidade educativa.
• M10. Fomentar a oferta de actividades formativas no ámbito da igualdade e da violencia de xénero, así como no da diversidade afectiva e sexual.
• M13. Impulsar a formación e participación das familias a través das Escolas de Nais e Pais como instrumento de acción coeducativa e de fomento da promoción da igualdade de oportunidades.
• M14. Constituír un encontro anual para a totalidade dos axentes da comunidade educativa co fin de fomentar o debate sobre as accións que se están a desenvolver no ámbito da igualdade.
• M17. Identificar e difundir as boas prácticas e materiais de referencia para realizar unha orientación profesional e vital libre de prexuízos.
Obxectivo 1.3. Fomentar a elaboración, elección e uso de materiais didácticos inclusivos e coeducativos
Medidas
• M1. Elaborar orientacións para a valoración de materiais didácticos desde o punto de vista da perspectiva de xénero.
• M2. Revisar materiais didácticos vinculados a programas e proxectos educativos co fin de garantir a perspectiva de xénero.
• M3. Difundir a táboa de avaliación de materiais didácticos desde o punto de vista da perspectiva de xénero entre a comunidade educativa.
• M4. Elaborar unha publicación divulgativa para o profesorado para difundir os principios da coeducación, da igualdade e da educación afectiva e sexual na comunidade educativa.
• M7. Crear un espazo web dentro do portal educativo para difundir a información en materia de igualdade de interese para a comunidade educativa.
• M8. Realizar accións formativas sobre materiais didácticos coeducativos.
• M24. Configurar e xestionar maletas viaxeiras para ensinanza obrigatoria sobre igualdade de xénero, violencia de xénero e educación afectiva e sexual.
Obxectivo 1.4. Intensificar a formación do profesorado para o tratamento da diversidade afectiva e sexual no ámbito educativo.
Medidas
• M4. Realizar publicacións divulgativas para o profesorado co fin de difundir os principios da coeducación, da igualdade e da educación afectiva e sexual na comunidade educativa.
• M6. Fornecer pautas para a revisión dos documentos internos do centro para explicitar as medidas reeducativas e reparadoras aplicables en caso de condutas contrarias á convivencia por razón de xénero.
• M7. Crear un espazo web dentro do portal educativo para difundir a información en materia de igualdade de interese para a comunidade educativa.
• M8. Realizar accións formativas sobre materiais didácticos coeducativos.
• M9. Incluír a perspectiva de xénero e o principio de igualdade no curso de formación inicial do novo persoal funcionario docente.
• M10. Fomentar a oferta de actividades formativas no ámbito da igualdade e da violencia de xénero, así como no da diversidade afectiva e sexual.
• M11. Identificar os cursos relacionados con igualdade e coa violencia de xénero na oferta formativa do profesorado.
• M12. Constituir foros de debate e discusión interdisciplinarios co fin de garantir liñas estratéxicas comúns en materia de igualdade.
Obxectivo 1.5. Promover a participación e implicación das familias no traballo coeducativo.
Medidas
• M5. Realizar accións informativas con recomendacións sobre aspectos de organización e planificación nos centros desde o respecto e a integración da igualdade.
• M6. Fornecer pautas para a revisión dos documentos internos do centro para explicitar as medidas reeducativas e reparadoras aplicables en caso de condutas contrarias á convivencia por razón de xénero.
• M7. Crear un espazo web dentro do portal educativo para difundir a información en materia de igualdade de interese para a comunidade educativa.
• M8. Realizar accións formativas sobre materiais didácticos coeducativos.
• M12. Constituir foros de debate e discusión interdisciplinarios co fin de garantir liñas estratéxicas comúns en materia de igualdade.
• M13. Impulsar a formación e participación das familias a través das Escolas de Nais e Pais como instrumento de acción coeducativa e de fomento da promoción da igualdade de oportunidades.
• M14. Constituír un encontro anual para a totalidade dos axentes da comunidade educativa co fin de fomentar o debate sobre as accións que se están a desenvolver no ámbito da igualdade.
• M15. Favorecer a implicación das familias nos programas de innovación educativa que están a traballar no ámbito da igualdade.
• M16. Favorecer a implicación das familias nos programas de innovación educativa relacionados coa actividade deportiva co fin de afondar na inclusión da muller.
Eixe 2
Este eixe ten coma finalidade fomentar dinámicas educativas libres deestereotipos de xénero, favorecendo que o alumnado poida desenvolver o seu proxecto vital sen condicionamentos, desde a liberdade e diversidade de opción. Un dos obxectivos máis destacados é a creación dunha materia
de libre configuración autonómica no ámbito da igualdade, que permite dar o primeiro paso para a abordaxe dunha estratexia coeducativa nos centros. Ademais incídese na participación dos distintos axentes sociais como apoio e complemento que permitan visibilizar a diversidade social.
Estrutúrase en 6 obxectivos e comprende un total de 17 medidas, algunhas das cales teñen aplicación nos diferentes obxectivos do eixe.
Obxectivos
Fomentar dinámicas educativas libres de estereotipos de xénero, favorecendo que o alumnado poida desenvolver o seu proxecto vital sen condicionamentos, desde a liberdade e diversidade de opcións
2.1 Adaptación de materiais de apoio e orientacións para afondar no desenvolvemento da competencia social e cidadá desde a igualdade -e non discriminación.
2.2 Visibilizar as boas prácticas coeducativas dos centros de ensino.
2.3. Achegas de disposicións curriculares en materias de libre configuración ou de oferta autonómica nas distintas etapas educativas.
2.4.Posta a disposición dos centros de recursos, estratexias, metodoloxías, materiais, encamiñados a crear espazos e tempos de convivencia non estruturados (recreos, entradas e saídas, comedores
escolares, clubes de lectura, etc) libres de roles de xénero.
2.5.Participación de axentes sociais diversos nos proxectos coeducativos como apoio e complemento que permita visibilizar a diversidade social.
2.6. Actuacións de sensibilización dirixidas á comunidade educativa e difusión das boas prácticas realizadas polos centros de ensino no marco deste plan.
Eixes, obxectivos e medidas
Obxectivo 2.1.
Adaptación de materiais de apoio e orientacións para afondar no desenvolvemento da competencia social e cidadá desde a igualdade e non discriminación.
Medidas
• M1. Elaborar orientacións para a valoración de materiais didácticos desde o punto de vista da perspectiva de xénero.
• M2. Revisar materiais didácticos vinculados a programas e proxectos educativos co fin de garantir a perspectiva de xénero.
• M3. Difundir a táboa de avaliación de materiais didácticos desde o punto de vista da perspectiva de xénero entre a comunidade educativa.
• M4. Realizar publicacións divulgativas para o profesorado co fin de difundir os principios da coeducación, da igualdade e da educación afectiva e sexual na comunidade educativa.
• M5. Realizar accións informativas con recomendacións sobre aspectos de organización e planificación nos centros desde o respecto e a integración da igualdade.
• M6. Fornecer pautas para a revisión dos documentos internos do centro para explicitar as medidas reeducativas e reparadoras aplicables en caso de condutas contrarias á convivencia por razón de xénero.
Obxectivo 2.2.
Visibilizar as boas prácticas coeducativas dos centros de ensino
Medidas
• M7. Crear un espazo web dentro do portal educativo para difundir a información en materia de igualdade de interese para a comunidade educativa.
• M8. Realizar accións formativas sobre materiais didácticos coeducativos.
• M10. Fomentar a oferta de actividades formativas no ámbito da igualdade e da violencia de xénero, así como no da diversidade afectiva e sexual.
• M13. Impulsar a formación e participación das familias a través das Escolas de Nais e Pais como instrumento de acción coeducativa e de fomento da promoción da igualdade de oportunidades.
• M14. Constituír un encontro anual para a totalidade dos axentes da comunidade educativa co fin de fomentar o debate sobre as accións que se están a desenvolver no ámbito da igualdade.
• M17. Identificar e difundir as boas prácticas e materiais de referencia
para realizar unha orientación profesional e vital libre de prexuízos.
Obxectivo 2.3.
Achegas de disposicións curriculares en materias de libre configuración ou de oferta autonómica nas distintas etapas educativas.
Medidas
• M18. Ofertar unha materia de libre configuración autonómica para abordar a perspectiva de xénero na ESO e iniciar a análise para a súa inclusión na etapa de bacharelato.
• M19. Impulsar un ciclo formativo superior para incluír a perspectiva
de xénero na FP.
• M20. Establecer un grupo interdisciplinario para a resolución das cuestións relacionadas coa inclusión da perspectiva de xénero no ámbito
educativo
Obxectivo 2.4.
Posta a disposición dos centros de recursos, estratexias, metodoloxías, materiais, encamiñados a crear espazos e tempos de convivencia non estruturados (recreos, entradas e saídas, comedores escolares, clubes de lectura, etc) libres de roles de xénero.
Medidas
• M5. Realizar accións informativas con recomendacións sobre aspectos de organización e planificación nos centros desde o respecto e a integración da igualdade.
• M6. Fornecer pautas para a revisión dos documentos internos do centro para explicitar as medidas reeducativas e reparadoras aplicables en caso de condutas contrarias á convivencia por razón de xénero.
• M7. Crear un espazo web dentro do portal educativo para difundir a información en materia de igualdade de interese para a comunidade educativa.
• M24. Configurar e xestionar maletas viaxeiras para ensinanza obrigatoria sobre igualdade de xénero, violencia de xénero e educación afectiva e sexual.
Obxectivo 2.5.
Participación de axentes sociais diversos nos proxectos coeducativos como apoio e complemento que permita visibilizar a diversidade social.
Medidas
• M5. Realizar accións informativas con recomendacións sobre aspectos de organización e planificación nos centros desde o respecto e a integración da igualdade.
• M8. Realizar accións formativas sobre materiais didácticos coeducativos.
• M12. Constituír foros de debate e discusión interdisciplinarios co fin de garantir liñas estratéxicas comúns en materia de igualdade.
• M14. Constituír un encontro anual para a totalidade dos axentes da comunidade educativa co fin de fomentar o debate sobre as accións que se están a desenvolver no ámbito da igualdade.
Obxectivo 2.6.
Actuacións de sensibilización dirixidas á comunidade educativa e difusión das boas prácticas realizadas polos centros de ensino no marco
deste plan.
Medidas
• M4. Realizar publicacións divulgativas para o profesorado co fin de difundir os principios da coeducación, da igualdade e da educación afectiva e sexual na comunidade educativa.
• M7. Crear un espazo web dentro do portal educativo para difundir a información en materia de igualdade de interese para a comunidade educativa.
• M8. Realizar accións formativas sobre materiais didácticos coeducativos.
• M14. Constituír un encontro anual para a totalidade dos axentes da comunidade educativa co fin de fomentar o debate sobre as accións que se están a desenvolver no ámbito da igualdade.
• M17. Identificar e difundir as boas prácticas e materiais de referencia para realizar unha orientación profesional e vital libre de prexuízos.
EIXE 3
Integrar a perspectiva de xénero no traballo cara ao éxito escolar e garantir que a formación inicial e ao longo da vida, acolle a todo o alumnado na súa diversidade (étnica, cultural, social, económica, funcional, sexual, de xénero, lingüística...).
Obxectivos
Visibilización de roles non marcados na orientación educativa e profesional.
Facilitar modelos profesionais e vitais diversos que rompan roles de xénero e que favorezan unha perspectiva aberta, plural e positiva.
Visibilizar e eliminar os estereotipos que persisten na sociedade respecto dos ámbitos de realización persoal e profesional e promover no alumnado, tanto de educación primaria e secundaria como de Formación Profesional, unha elección do futuro académico e profesional libre de estereotipos de xénero.
Formación, a través das Escolas de Nais e Pais e doutros axentes socio-educativos relacionados, da necesidade de potenciar os talentos persoais como referentes en todos os ámbitos en pé de igualdade.
Medidas
M1. Elaborar orientacións para a valoración de materiais didácticos desde o punto de vista da perspectiva de xénero..
M4. Realizar publicacións divulgativas para o profesorado co fin de difundir os principios da coeducación, da igualdade e da educación afectiva e sexual na comunidade educativa.
M7. Crear un espazo web dentro do portal educativo para difundir a información en materia de igualdade de interese para a comunidade educativa.
M9. Incluír a perspectiva de xénero e do principio de igualdade no curso de formación inicial do novo persoal funcionario docente.
M17. Identificar e difundir as boas prácticas e materiais de referencia para realizar unha orientación profesional e vital libre de prexuízos.
Medidas
M15. Favorecer a implicación das familias nos programas de innovación educativa que están a traballar no ámbito da igualdade.
M16. Favorecer a implicación das familias nos programas de innovación educativa relacionados coa actividade deportiva co fin de afondar na inclusión da muller.

M23. Elaborar un programa educativo con perspectiva de xénero que favoreza a participación do alumnado en intervencións sociocomunitarias.
M27. Promover a imaxe das mulleres no ámbito educativo para que o alumnado dispoña de referentes femininos en todos os eidos da sociedade.
Medidas
M5. Realizar accións informativas con recomendacións sobre aspectos de organización e planificación nos centros desde o respecto e a integración da igualdade.
M7. Crear un espazo web dentro do portal educativo para difundir a información en materia de igualdade de interese para a comunidade educativa.
M12. Constituír foros de debate e discusión interdisciplinarios co fin de garantir liñas estratéxicas comúns en materia de igualdade.
M16. Favorecer a implicación das familias nos programas de innovación educativa relacionados coa actividade deportiva co fin de afondar na inclusión da muller.
M17. Identificar e difundir as boas prácticas e materiais de referencia para realizar unha orientación profesional e vital libre de prexuízos.
M23. Elaborar un programa educativo con perspectiva de xénero que favoreza a participación do alumnado en intervencións sociocomunitarias.
M25. Promover unha elección do futuro académico e profesional libre de estereotipos de xénero, en particular poñendo en valor a vocación científica e tecnolóxica no alumnado feminino.
M26. Realización de talleres e actividades educativas específicas para facilitar un proxecto persoal e profesional baseado na vocación e capacidades propias, libre de condicionamentos e usos sociais baseados en roles de xénero.
Medidas
M7. Crear un espazo web dentro do portal educativo para difundir a información en materia de igualdade de interese para a comunidade educativa.
M12. Constituír foros de debate e discusión interdisciplinarios co fin de garantir liñas estratéxicas comúns en materia de igualdade.
M13. Impulsar a formación e participación das familias a través das Escolas de Nais e Pais como instrumento de acción coeducativa e de fomento da promoción da igualdade de oportunidades.
M14. Constituír un encontro anual para a totalidade dos axentes da comunidade educativa co fin de fomentar o debate sobre as accións que se están a desenvolver no ámbito da igualdade.
M15. Favorecer a implicación das familias nos programas de innovación educativa que están a traballar no ámbito da igualdade.
M16. Favorecer a implicación das familias nos programas de innovación educativa relacionados coa actividade deportiva co fin de afondar na inclusión da muller.
Eixe 4
Educar desde a diversidade para unhas relacións afectivas e sexuais saudables e respectuosas, e para unha convivencia harmónica que integre a diversidade de xénero, sexual e afectiva.
Obxectivos
Establecemento de ámbitos de socialización que favorezan o coñecemento e a convivencia dentro da comunidade educativa co fin de ofrecer contextos onde visibilizar as boas prácticas.
Elaboración e posta a disposición dos centros educativos de todos os niveis de materiais e orientacións para a abordaxe da educación afectiva e sexual desde o respecto á diversidade e o desenvolvemento dun proxecto de vida libre e saudable en plenitude.
Colaboración con axentes socio-educativos e de formación en materia de saúde, para a abordaxe integral da saúde afectivo-sexual entre todas as persoas destinatarias da comunidade educativa galega, independentemente do nivel e réxime de escolarización.
Medidas
M4. Realizar publicacións divulgativas para o profesorado co fin de difundir os principios da coeducación, da igualdade e da educación afectiva e sexual na comunidade educativa.
M5. Realizar accións informativas con recomendacións sobre aspectos de organización e planificación nos centros desde o respecto e a integración da igualdade.
M12. Constituír foros de debate e discusión interdisciplinarios co fin de garantir liñas estratéxicas comúns en materia de igualdade.
M13. Impulsar a formación e participación das familias a través das Escolas de Nais e Pais como instrumento de acción coeducativa e de fomento da promoción da igualdade de oportunidades.
M14. Constituír un encontro anual para a totalidade dos axentes da comunidade educativa co fin de fomentar o debate sobre as accións que se están a desenvolver no ámbito da igualdade.
M23. Elaborar un programa educativo con perspectiva de xénero que favoreza a participación do alumnado en intervencións sociocomunitarias.
Medidas
M4. Realizar publicacións divulgativas para o profesorado co fin de difundir os principios da coeducación, da igualdade e da educación afectiva e sexual na comunidade educativa.
M7. Crear un espazo web dentro do portal educativo para difundir a información en materia de igualdade de interese para a comunidade educativa.
M24. Configurar e xestionar maletas viaxeiras para ensinanza obrigatoria sobre igualdade de xénero, violencia de xénero e educación afectiva e sexual.

M21. Realizar unha guía básica de detección precoz da violencia de xénero que sirva como ferramenta de prevención entre o alumnado e proporcione pautas de actuación ao profesorado.
M22. Realizar un breve protocolo de actuación para abordar casos de condutas contrarias á convivencia por razón de xénero.

EIXE 5
Traballar as relacións de uso abusivo do poder e a violencia sistémica no exercicio das relacións persoais, co fin de visibilizar os mecanismos que sustentan a violencia de xénero, e favorecer relacións pacíficas e positivas para todos os membros da comunidade.
Obxectivos
5.1. Fornecemento de programas e materiais sobre a socialización preventiva da violencia de xénero baseados en evidencias científicas.
5.2. Facilitar orientacións para a súa adaptación e inclusión no plan de convivencia do centro, que permitan a prevención e detección precoz daquelas condutas que se integran no gradiente da violencia de xénero (control, acoso, abuso, etc).
5.3.Actividades de sensibilización, información, formación e intervención para toda a comunidade educativa, en ambientes de socialización cibernéticos (redes sociais, mensaxería instantánea, videoxogos en liña, etc).
5.4.Investigación e orientacións derivadas dela, en materia convivencia no que respecta á diversidade de xénero e afectivo, sexual, así como á igualdade e non discriminación.
Medidas
M1. Elaborar orientacións para a valoración de materiais didácticos desde o punto de vista da perspectiva de xénero.
M2. Revisar materiais didácticos vinculados a programas e proxectos educativos co fin de garantir a perspectiva de xénero
M3. Difundir a táboa de avaliación de materiais didácticos desde o punto de vista da perspectiva de xénero entre a comunidade educativa.
M4. Realizar publicacións divulgativas para o profesorado co fin de difundir os principios da coeducación, da igualdade e da educación afectiva e sexual na comunidade educativa.
M21. Realizar unha guía básica de detección precoz da violencia de xénero que sirva como ferramenta de prevención entre o alumnado e proporcione pautas de actuación ao profesorado.
M22. Realizar un breve protocolo de actuación para abordar casos de condutas contrarias á convivencia por razón de xénero
M5. Realizar accións informativas con recomendacións sobre aspectos de organización e planificación nos centros desde o respecto e integración da igualdade.
M23. Elaborar un programa educativo con perspectiva de xénero que favoreza a participación do alumnado en intervencións sociocomunitarias.
M7. Crear un espazo web dentro do portal educativo para difundir a información en materia de igualdade de interese para a comunidade educativa.
M12. Constituír foros de debate e discusióninterdisciplinarios co fin de garantir liñas estratéxicas comúns en materia de igualdade.
M13. Impulsar a formación e participación das familias a través das Escolas de Nais e Pais como instrumento de acción coeducativa e de fomento da promoción da igualdade de oportunidades.
M14. Constituír un encontro anual para a totalidade dos axentes da comunidade educativa co fin de fomentar o debate sobre as accións que se están a desenvolver no ámbito da igualdade.
M17. Identificar e difundir as boas prácticas e materiais de referencia para realizar unha orientación profesional e vital libre de prexuízos.
EIXE 6
Abordar a detección precoz e resposta eficaz e sistémica á violencia de xénero e outras formas de abuso, discriminación e violencia asociadas, con especial atención á prevención e compensación de situacións de discriminación múltiple (diversidade funcional, étnica, de procedencia, etc.).
Obxectivos
6.1. Elaboración de programas educativos enfocados ao traballo de aula das relacións persoais, afectivas e sexuais co fin de identificar as condutas prexudiciais para o desenvolvemento de relacións persoais tóxicas e de sometemento.
6.2. Elaboración de protocolos de actuación para dar resposta ás necesidades dos centros (prevención, identificación, atención, denuncia) co fin de atender as súas realidades.
6.3. Correlación con outros programas e protocolos en materia de diversidade e convivencia, tanto dentro da propia CCEOU como con outros axentes socio-educativos, sanitarios e de benestar.
6.4. Apoio ao alumnado vítima de violencia de xénero e ás persoas que vivan nos seus fogares esta situación. Traballarase en coordinación con servizos sociais e con xustiza.
6.5. Orientacións para favorecer a non-discriminación e a eliminación de estereotipos na reforma e creación de novos espazos: perspectiva de xénero na organización e no aproveitamento dos espazos.
6.6. Favorecer a investigación e intervención do alumnado sobre o seu contorno para detectar situacións, imaxes, actitudes... que actúen a favor dos roles de xénero marcados, os estereotipos, a presión social e a violencia por razón de xénero.
Medidas
M12. Constituír foros de debate e discusión interdisciplinarios co fin de garantir liñas estratéxicas comúns en materia de igualdade.
M21. Realizar unha guía básica de detección precoz da violencia de xénero que sirva como ferramenta de prevención entre o alumnado e proporcione pautas de actuación ao profesorado.
M24. Configurar e xestionar maletas viaxeiraspara ensinanza obrigatoria sobre igualdade de xénero, violencia de xénero e educación afectiva e sexual.
M4. Realizar publicacións divulgativas para o profesorado co fin de difundir os principios da coeducación, da igualdade e da educación afectiva e sexual na comunidade educativa.
M6. Fornecer pautas para a revisión dos documentos internos do centro para explicitar as medidas reeducativas e reparadoras aplicables en caso de condutas contrarias á convivencia por razón de xénero.
M22. Realizar un breve protocolo de actuación para abordar casos de condutas contrarias á convivencia por razón de xénero.
M12. Constituír foros de debate e discusión interdisciplinarios co fin de garantir liñas estratéxicas comúns en materia de igualdade.
M10. Fomentar a oferta de actividades formativas no ámbito da igualdade e da violencia de xénero, así como no da diversidade afectiva e sexual.
M14. Constituír un encontro anualpara a totalidade dos axentes da comunidade educativa co fin de fomentar o debate sobre as accións que se están a desenvolver no ámbito da igualdade.
M15. Favorecer a implicación das familias nos programas de innovación educativa que están a traballar no ámbito da igualdade.
M16. Favorecer a implicación das familias nos programas de innovación educativa relacionados coa actividade deportiva co fin de afondar na inclusión da muller.
M17. Identificar e difundir as boas prácticas e materiais de referencia para realizar unha orientación profesional e vital libre de prexuízos.
M23. Elaborar un programa educativo con perspectiva de xénero que favoreza a participación do alumnado en intervencións sociocomunitarias