Formación de alumnos/as "mediadores escolares"
Bibiana Camaño, foi a encargada de formar a un grupo de 2º de ESO do noso alumnado como mediadores escolares. Queda unha última sesión para que os alumnos e alumnas certificados como mediadores, repasen estratexias antes de comezar o vindeiro curso. O curso 2015/2016 poremos en marcha todas as estratexias aprendidas e comezaremos a empregar a mediación escolar como vía para resolver os conflitos diarios que xorden na convivencia.
As persoas participantes na mediación escolar, tanto os/as mediadores/as como as partes en conflito, poñen en marcha unha serie de estratexias de comunicación (escoita activa, interese real por axudar ás outras persoas…) e competencias socioemocionais (xestión emocional, empatía, etc.) que lles axudan a solucionar o conflito de xeito pacífico e dialogado, tendo en conta sempre as necesidades e intereses das persoas que acoden á mediación. Ao pasar por este proceso, todas as persoas implicadas no mesmo aprenden a solucionar os problemas por si mesmas, o que contribúe á capacitación do alumnado na resolución dos conflitos e como consecuencia, á mellora do clima escolar.