O IES Río Cabe triunfa no "Young Business Talents"

O pasado venres 28 de abril tivo lugar en Madrid a final da duodécima edición do programa educativo de simulación empresarial "Young Business Talents". Esta fase final contou cos mellores 100 equipos de España e para chegar á mesma tiveron que superar aos máis de 10.000 estudantes e 400 centros educativos que se inscribiron na competición no mes de Setembro.

O IES Río Cabe chegou á fase final cos únicos 2 equipos que representaron á provincia de Lugo: GLU e RAPLOSSA.

O equipo GLU estaba formado polas alumnas Laura López, Génesis Soto e Uxía Taboada, conseguindo gañar na final a súa simulación e superar aos outro catro equipos cos que competían.

 

O equipo RAPLOSSA, formado polos alumnos Germán Álvarez, Lois Sánchez e Pablo Ureña tamén conseguiron gañar a súa simulación e ademais obtiveron o terceiro posto por  maior beneficio acumulado neste evento organizado por ABANCA, ESIC, Herbalife e Praxis MMT.

Os seis alumnos/as demostraron as súas habilidades directivas dirixindo a súa propia empresa cun simulador avanzado de última xeración e tiveron que tomar decisións como as cantidades producidas, inversións en publicidade, prezos de venda, solicitude de préstamos, contratación de persoal..... co obxectivo de competir con outras empresas nun mercado virtual e chegar a alcanzar o maior beneficio acumulado. Ao mesmo tempo tamén aproveitamos para pasear e coñecer a cidade de Madrid, como se pode ver nesta pequena galería de imaxes.

Álbum: Extraescolares -> Final YBT 2023