Olimpíada Galega de Economía 2023

O pasado 16 de marzo tivo lugar a XIII edición da Olimpíada Galega de Economía. Nesta ocasión a organización da mesma foi a cargo da Universidade de Vigo e os exames tiveron lugar na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

A Olimpíada de Economía naceu seguindo a tradición do resto das olimpíadas científicas pero, a diferenza destas, está organizada polas facultades de ciencias económicas e empresariais das universidades públicas. É un concurso de carácter académico e educativo, con múltiples obxectivos entre os que estarían incentivar e estimular o estudo da Economía, premiar o esforzo e a excelencia académica e divulgar os estudos de Economía.

O IES Río Cabe participou na mesma con 5 alumnos/as de Bacharelato, que lograron rematar a proba moi ben clasificados, aínda que ningún deles chegou a merecer entrar entre os oito mellores clasificados. Por orde de clasificación, o alumnado do noso centro que participou na proba foi o seguinte:

Saleta Losada Cuervo

Miguel Vega López

Sara Rodríguez Traveso

Adriana Quintela Gómez

Diana Roca Ferreira

Desde aquí queremos felicitar aos organizadores pola celebración da Olimpíada, agradecer a boa acollida do alumnado e as actividades organizadas entorno a Olimpíada.

 

Galería de Imaxes do día da Olimpíada