Curso 19-20
FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO e AXUDAS ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR 19/20. LISTAXES DEFINITIVAS
Enviado por admin o Ven, 13/09/2019 - 12:11FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO e AXUDAS ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR 19/20. LISTAXES DEFINITIVAS
Xa podedes consultar as listaxes definitivas, de admitidos e excluidos, no taboleiro do centro.
Calendario de Inicio de Curso 2019-2020
Enviado por admin o Xov, 05/09/2019 - 11:37Calendario Inicio de Curso 2019-2020.
O inicio das rutas de transporte escolar para o primeiro día de clase (16 de setembro) será as 9H30.
PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2019-2020 NA FP BÁSICA
Enviado por admin o Ven, 30/08/2019 - 16:53PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2019-2020 NA FP BÁSICA
Presentación de solicitudes:
-
A solicitude (ANEXO I da Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas. DOG do 22) presentarase no centro de preferencia do 2 ata as 13.00 horas do día 12 de setembro de 2019. Neste mesmo prazo deberá ser entregado no centro educativo o documento de consentimento de incorporación á formación profesional básica, a que se fai referencia no artigo 11, alínea 1.d), da Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión a estas ensinanzas. De non entregaren este documento neste prazo, entenderase que os/as titulares da patria potestade ou representantes legais do alumnado non dan o consentimento de incorporación á formación profesional básica.
- Prazo de matrícula:
-
A formalización de matrícula poderá facerse do 13 ao 20 de setembro de 2019.
Solicitudes fora de prazo:
A partir do 12 de setembro, e ata o día anterior ao inicio do curso (16 de setembro), poderanse presentar solicitudes fóra de prazo, pero deberán facerse no rexistro sito no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra ou Vigo, segundo o sector de inspección ao que pertenza o centro, e irá dirixido á persoa inspectora encargada da escolarización do concello correspondente.
Modelo de solicitude, normativa aplicable e Anexo A , en arquivos adxuntos.
O noso Centro oferta:
Grao básico
CBELE01 Electricidade e electrónica 18 prazas
CBADG01 Servizos administrativos 18 prazas
36017430 IES Ricardo Mella ies.ricardo.mella@edu.xunta.gal Tel. 886121001
Nº de conta para o pagamento do seguro escolar.
Enviado por admin o Ven, 26/07/2019 - 13:50Nº de conta para o pagamento do seguro escolar.
Deberán aboar 1,12 Euros no seguinte nº de conta: ABANCA ES72 2080 5092 0830 4000 9933
Beneficiario: 36017430 - IES Ricardo Mella.
O pago do seguro escolar é obrigatorio dende 3º curso de ESO ata o ano natural no que o alumno cumpra os 28 anos.
VALIDACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS
Enviado por admin o Lun, 22/07/2019 - 00:29SOLICITUDE VALIDACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS EN ARQUIVO ADXUNTO.