Dependencias do IES Ricardo Mella

O IES Ricardo Mella ten ensinanzas en réxime diurno e adultos. O réxime diurno ten horario de mañá, de 8:45h a 14:15h, máis unha ou dúas tardes, segundo o tipo de ensino. Os grupos de ensinanza de adultos, polas tardes, teñen unha banda horaria que vai dende as 16:15h ata as 22:10h, excepto os martes, nos que actividade lectiva da tarde comeza ás 18:00h.

Ademáis dunha ampla oferta educativa, o IES Ricardo Mella conta cunhas boas dotacións e instalacións, tal como pode
observarse na seguinte descripción:

Biblioteca e sala de lectura, con máis de 13.300 volumes así como ordenadores con conexión a Internet. 
Salón de Actos con 170 prazas de capacidade. 
Laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía. 
Laboratorio de Física e Química.
Taller de Tecnoloxía de ESO.
Laboratorio de Idiomas.
Aula de Música.
Aula de Informática para ESO e Bacharelato.
Aula de Audiovisuais.
Emisora escolar, en funcionamento dende o ano 1987. 
Ximnasio, pavillón cuberto e pista polideportiva descuberta. 
Cafetería. 
Aulas e talleres específicas para os ciclos formativos das ramas Administrativa, Electrónica e Sanitaria, todas elas adaptadas as necesidades actuais de cada un dos ciclos, con ampla dotación de instrumentos telemáticos (135 ordenadores con conexión a Internet, scanners, impresoras, etc.), así como material específico de cada ciclo.