Experiencia Erasmus+ en Italia

Soufia Sidki é unha das nosas alumnas que o curso pasado gozou dunha bolsa Erasmus+ para facer prácticas profesionais no estranxeiro. 

No noso centro o alumnado de FP ten a posibilidade de facer o módulo obrigatorio denominado Formación en Centros de Traballo (FCT) ou facer unhas prácticas voluntarias como recén titulado no estranxeiro, ambos financiados co programa europeo Erasmus+.

Soufia optou por ir como recén titulada, despóis de facer a súa FCT nunha empresa española. Para isto é necesario presentarse ás convocatorias Erasmus+ que oferta o noso centro educativo. O IES Ricardo Mella ten proxectos Erasmus+ propios e tamén participa en Consorcios Erasmus+ coa Deputación de Pontevedra para enviar estudantes.

No seguinte enlace pode verse un caso de éxito da nosa alumna que aparece recollido na prensa local "Faro de Vigo":

Noticia do Faro de Vigo