Alumnos de FP de prácticas en empresas europeas co programa Erasmus+

Oito alumnos de Formación Profesional saen de Erasmus para iniciar as prácticas de Formación en Centros de Traballo (FCT) en empresas europeas. Carlos e Desny farán prácticas de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos en Finlandia. Cristian fará prácticas de Asistencia á Dirección en Países Baixos. Sheila e Laura farán prácticas de Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear en Italia. Aitana fará prácticas de Xestión Administrativa en Malta. Ares fará prácticas de Mantemento Electrónico en Portugal. Mame fará prácticas de Xestión Administrativa en Francia.

Este tipo de experiencias de mobilidade son promovidas pola Unión Europea entre os estudantes de Formación Profesional nunha aposta polo desenvolvemento da cidadanía europea e a mellora das competencias persoais e sociais, ademáis das competencias técnicas.

Parabéns e sorte para os oito!