EXPOSICIÓN TRABALLOS: "A XEOMETRÍA DAS FOLERPAS DE NEVE"
O día 12 de maio do 2011 celébrase o DÍA ESCOLAR DAS MATEMÁTICAS. Coincide ademais que este ano 2011 é o ANO INTERNACIONAL DA QUÍMICA. Mesturando ambas, presentamos nesta data unha exposición de traballos onde se pode observar un pequeno detalle das Matemáticas da Química. En particular, as Matemáticas na Natureza, A XEOMETRÍA DAS FOLERPAS DE NEVE.
É moi difícil coller unha folerpa de neve. A calor das nosas mans fai que a neve se converta en auga. Se hai moita neve xúntase todo, convértese en xeo e cos ollos non podemos ver máis que unha masa branca. Se poidésemos reter a folerpa e mirala con lupa veriamos uns bonitos cristais onde aparece o polígono de seis lados, que se chama hexágono.
Esto sucede así porque a auga está formada por uns átomos do osíxeno do aire que respiramos e outro que se chama hidróxeno. Hidróxeno significa que xenera auga. Eses átomos pequenos forman un ángulo que é moi próximo ao do hexágono.
Algunhas das imaxes dos traballos feitos polo alumnado de 2º de ESO sobre a construción de diversas folerpas de neve aparecen a continuación: