EXPOSICIÓN: " TRABALLOS CON TANGRAM "

     

   TODA A INFO:

   Trátase dun xogo chino moi antigo, consistente en formar siluetas de figuras coas sete pezas dadas sen solapalas. As 7 pezas, chamadas “Tans”, son as seguintes: 5 triángulos de diferentes tamaños, 1 cadrado, 1 paralelogramo romboide. Normalmente, os “Tans” gárdanse formando un cadrado.   

    Existen varias versións sobre a orixe da palabra Tangram. Unha das máis aceptadas conta que a palabra a inventou un inglés unindo o vocábulo cantonés “tang” que significa chinés, co vocábulo latino “gram” que significa escrito ou gráfico. Outra versión di que a orixe do xogo remóntase aos anos 618 a 907 da nosa era, época na que reinou na China a dinastía Tang de onde derivaría o seu nome. O Tangram orixinouse moi posiblemente a partir do xogo de mobles yanjitu durante a dinastía Song. Segundo os rexistros históricos chineses, estes mobles estaban formados orixinalmente por un xogo de 6 mesas rectangulares. Máis adiante agregouse unha mesa triangular e as persoas podían acomodar as mesas de maneira que formaran unha grande mesa cadrada.
   

   Hai unha lenda que di que un servente dun emperador chinés levaba un mosaico de cerámica, moi caro e fráxil, e tropezou rompéndoo en anacos. Desesperado, o servente tratou de formar un novo mosaico en forma cadrada pero non puido. Sen embargo, deuse conta de que podía formar moitas outras figuras cos anacos.
    Non se sabe con certeza quen inventou o xogo nin cando, pois as primeiras publicacións chinesas nas que aparece o xogo datan do século XVIII, e entón o xogo era moi coñecido en varios países. Crese que o chinés Bong Hack foi o inventor deste grande xogo.


    Sobre o século XVIII chegou a América e Europa, publicándose as regras do Tangram, co nome de “quebracabezas chinés” e volveuse tan popular que ata personalidades da época xogaban con el. Napoleón Bonaparte converteuse nun verdadeiro especialista en Tangram.
    En canto ás figuras que poden realizarse con Tangram, para 1900 xa se inventaran novas figuras e formas xeométricas e se tiñan aproximadamente 900, na súa maior parte figurativas, como animais, casas e flores, así como formas abstractas. Actualmente, hai recompiladas para o Tangram ao redor de 16000 figuras.

   Hoxe en día, o Tangram úsase como entretemento, en psicoloxía, en educación física, en deseño, en filosofía e en pedagoxía. Na área do ensino das Matemáticas, o Tangram emprégase para introducir conceptos de xeometría plana e para promover o desenvolvemento de capacidades psicomotrices e intelectuais do alumnado.

 

 

 

TANGRAMS NA REDE:

Na seguinte ligazón podes descargar varios programas relacionados co famoso quebracabezas matemático:

http://tangrams.ca/inner/down.htm

Entre todos os que hai, nós aconsellamos os seguintes:

Tamgram 1.0: Xogo de Tamgram con distintos niveis de dificultade. Moi doado de instalar e manexar, non así a resolución dalgúns dos quebracabezas que aparece. Con moitas cores e o máis axeitado para este curso. Está comprimido en formato zip e é freeware, é dicir, de balde.

Tamgram 2002: Necesitas ter instalado ademais o Macromedia Flash Player. Moi bo e visulamente moi agradable. Tamén é doado de instalar e manexar, con distintos niveis de dificultade. Rápido e divertido. Comprimido tamén en formato zip.

OOG: Moito máis completo que os anteriores. Non só ten Tangrams, se non que tamén podes xogar a outros quebracabezas de orixe matemática máis interesantes, como os pentaminós, hexágonos, etc. Doado de instalar, comprimido en formato zip e freeware.

FOTOS DOS TRABALLOS NO IES: