Skip to Content

OBRADOIROS DE IGUALDADE

12/11/2019

Os Servizos Sociais do Concello do Porto do Son realizaron outro ano máis obradoiros sobre igualdade a nenas e nenos de 4ºESO e 2ºESO PMAR. Nestos obradoiros, danlle a coñecer aos nosos alumnos aspectos relacionados sobre a desigualdade de xénero existente aínda a día de hoxe como os micromachismos, e pautas para que intenten buscar unha sociedade máis xusta.

CAMPIONATO NACIONAL DE ORIENTACIÓN

05/12/2019
08/12/2019

Cinco alumnas de 3º ESO serán as únicas representantes galegas no Campionato Nacional de Orientación que se celebrará en Cáceres do 5 ao 8 de decembro.

ESCOLA DE NAIS E PAIS

12/11/2019

O luns pola tarde celebrouse con gran éxito, a primeira das sesións da Escola de Nais e Pais organizada polo CAFI en colaboración co IES de Porto do Son. Dúas psicólogas, Lorena Maneiro e Olalla Cutrín, ofreceron pautas básicas ás nais e pais presentes para afrontar os comportamentos problemáticos dos seus fillos adolescentes. Desde o centro, damos as gracias a todos os asistentes por animarse a asistir e a participar tan activamente na charla. Agardaremos á segunda sesión en marzo.

VIAXE DE ESTUDOS A MADRID

28/10/2019

Este último fin de semana de outubro os alumnos de Arte de 2ºBacharelato, acompañados por Pepe Lijó e Ána Dapena, estiveron de viaxe de estudos en Madrid, visitando os grandes museos como son o Prado e o Raíña Sofía, e impregnándose do ambiente cultural e artísitico dunha gran cidade.

LIMPEZA SIMULTÁNEA DE PRAIAS

28/10/2019

Como outros anos, ADEGA propuxo participar na actividade de limpeza simultánea de praias. Os alumnos de 2ºESO actuaron de voluntarios para facer unha batida da praia de Cabeiro, ao lado do centro, recollendo todo o lixo posible. Conseguimos reunir máis de 25 kg de lixo, basicamente plástico provinte de restos de aparellos de pesca, botellas, cabichas ou porespán. A actividade pretende que nos concienciemos do mantemento do medio natural, así como do uso masivo do plástico.

VIAXE DE INTERCAMBIO A FRANCIA

02/10/2019

Os alumnos de francés de 4ºESO e 1ºBacharelato están desde o día 30 de setembro en Francia realizando a segunda parte do intercambio que comezou o curso pasado. Daquela visitáronnos os alumnos dun centro de estudos de Quimper, na Bretaña francesa. Desta volta, o noso alumnado coñeceu a cidade de París e agora xa se instalaron coas familias en Quimper. A experiencia está resultando moi gratificante.

8TH ART EXHIBITION OF PEOPLE WITH AUTISM

14/09/2019

O alumno do centro Antón Romero Piñeiro, de 2º da ESO, participou nun concurso internacional de debuxo de persoas con autismo. O magnífico resultado é que a súa obra foi a segunda máis votada por persoas de todo o mundo. Os premios entregaranse en Niza (Francia) do 13 ao 15 de setembro. Parabéns, Antón!

https://artexhibitionautism.autismoburgos.es/piwigo/index.php?/category/1/start-15#content033.jpg

EN EDUCACIÓN FÍSICA TRABALLANDO A ALIMENTACIÓN

21/06/2019

O alumnado de Educación Física de 4º de ESO traballou a alimentación neste trimestre. Canto azucre consumimos en alimentos que tomamos habitualmente? Cales son esas "falsas verdades" arredor da nutrición, das dietas...

Nada mellor que ver fisicamente a cantidade de azucre que nos metemos no corpo cada día para reaccionar! Ben interesante!

 

A FEIRA TECNOLÓXICA PUXO O PECHE FESTIVO AO PECHE DO CURSO 2018-19!!!

21/06/2019

Rematou o curso! Veñen as vacacións! Para os que aprobaron, un par de meses por diante de descanso, festa, praia, lecer... Quen non o fixo, terá que esforzarse un pouquiño no verán para comezar tranquilo o próximo curso. 

Pero o venres, foi unha xornada festiva no insti. Paloma, a profa de bata rosa, entusiasta dos parafusos, enchufes e demais enredos tecnolóxicos conseguiu entusiasmar un ano máis o seu alumnado. Con ela, Carlos e Xulio (que sería dos nosos ordenadores sen eles!), un magnífico equipo! 

Comezaron cunha FEIRA TECNOLÓXICA para os rapaces e rapazas de 1º de ESO. Obxectivo: probar as destrezas cos mecanos e robots que fixeron na materia de Tecnoloxía en 2º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Ben chulos que lles quedaron!

 

 

Logo, na pista, a CARREIRA DE COCHES! Aquí vemos os partipantes preparados para saír á pista e o xurado ben pendente para premiar os que van a cen, chegan máis lonxe e están máis currados!

 

Moitas grazas a todo o alumnado e o profesorado por ter colaborado para que todo saíse tan ben! 

BO VERÁN!

VIAXE A AVEIRO DOS CLUBS DE LECTURA CO IES AQUIS CELENIS DE CALDAS

22/06/2019

 

E chegou a viaxe de final de curso dos clubs de lectura a Aveiro!! Dise pronto pero xa van alá 9 anos dende que comezamos as viaxes a Portugal co club do IES Aquis Celenis de Caldas!!! Román, David, Pedro, Ana, Marga, Tere, Sonia e un montón de rapazada á procura de bibliotecas chulas, de horas do conto, de librarías fermosas… Viana, Porto, Braga, Guimaraes ou Coimbra… Amizades tecidas con palabras, con lecturas partilladas, con roteiros!

Se queredes saber máis destes dous días de amizades literarias, entrade no blog da biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut