GUÍA DE LECTURA COLABORATIVA DAS ESCOLAS DE PORTO DO SON. ABRIL 2019
Un ano máis achegamos a Guía de Lectura Colaborativa. Forma parte do proxecto de dinamización lectora coordinado dende o equipo de biblioteca do IES de Porto do Son. Nela, a EEI de Caamaño, de Carballosa, os CEIP de Campanario, Portosín, Queiruga, Seráns, Sobrado-Nebra, Xuño e o IES de Porto do Son recollemos recomendacións dende infantil ata maiores de 16 anos, é dicir, para tod@s!
Posto que estamos traballando a SOSTIBILIDADE, a nosa guía tamén é sostible e optamos por non imprimila. Para consultala, só é preciso empregar o lector de códigos QR. Premendo en cada un dos libros poderedes saber máis deles. Seguro que atopades algún que vos apeteza ler! Vinde á biblio, mercade un libro, emprestádeo…!!!
Facemos comunidade lectora! Contámosvolo no blog da biblioteca!
Bo Día do Libro!
- APIs de Blogue
- Calendario