REFLEXIÓN DAS CORRESPONDENTES XUVENÍS
Ximena e Natalia, alumnas que forman parte do grupo do instituto de Correspondentes Xuvenís, achégannos unha reflexión ben atinanda sobre o que supuxo para elas o 8 de marzo e como o vivimos no centro.
Velaquí:
8 de marzo de 2018,
Querido diario, hoxe é un día moi especial para todas
as mulleres do mundo, para as que non teñen recursos
e as que contan con eles,
para as que coidan dos demais e tamén delas mesmas,
para as que converten todo en enerxía e para as que
precisan unha
luz no camiño.
Hoxe é o día de berrar ata quedar afónicas, que somos
e queremos ser libres, que tanto mulleres coma homes
somos iguais
porque somos persoas.
Nós, adolescentes, medramos rodeadas dunha sociedade na que a muller ten salarios máis baixos, coida dos
rapaces, fai as tarefas domésticas... Moitos homes pensan que iso é unha obriga. A igualdade é que todos
fagamos o mesmo. Xa que todos comemos, todos cociñamos!
Por iso as profesoras do IES de Porto do Son quixeron poñer o seu gran de area colaborando cuns mandís
tendidos por un día e deixando as responsabilidades nos homes.
Como sería un día sen mulleres?