Skip to Content

CERTIFICADOS DE EDUCACIÓN NON FORMAL

CERTIFICADO DE EXPERIENCIAS: EDUCACIÓN NON FORMAL EN MATERIA DE XUVENTUDE

 

 

O certificado de experiencias de educación non formal en materia de xuventude permite confirmar a participación en programas de educación non formal da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e, sobre todo, validar as competencias e darlle visibilidade aos coñecementos, habilidades e formación derivados desa participación, en tanto que contribúen ao desenvolvemento persoal dos participantes, enriquecen o seu currículo vital e favorecen a participación activa na sociedade.

O certificado está regulado pola Orde do 26 de febreiro de 2015 pola que se regula o certificado de educación non formal en materia de xuventude (DOG nº 57 do 25 de marzo)

Se participaches nalgún dos programas que dan dereito á expedición do certificado, presenta xa a túa solicitude.

Programas que dan dereito á expedición do certificado:

  • Iniciativa xove, Erasmus +:Xuventude en Acción, A xuventude no mundo, Campos de traballo e Galeuropa  (artigo 3.1)
  • Outros programas: Correspondentes xuvenís 3.0  (artigo 3.2)

Máis información en:

http://xuventude.xunta.es/certificado-de-experiencias-educacion-non-formal-en-materia-de-xuventude.html

 



page | by Dr. Radut